Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A CEG rexeita de pleno a derogación da reforma laboral



REDACCIÓN · PUBLICADO O 22 DE MAIO DE 2020 · (0)



Considera que o acordo acadado entre a coalición PSOE e Unidas Podemos, e EH Bildu a cambio de su abstención na votación á última das prórrogas do estado de alarma revela unha gran falta de respecto, xa que retornar á regulación anterior á de 2012 pode poñer en risco a supervivencia de miles de empresas e de millóns de empregos.


“Sen dúbida algunha, trátase dun desprezo intolerable ao diálogo social, ao que destrúe botando por terra o principal instrumento de cohesión social e progreso económico, que a propia Constitución concede aos axentes sociais”, sinala a Confederación de Empresarios de Galicia nun comunicado enviado onte.

Segundo expón a patronal galega, o pacto asinado entre estas formacións políticas tampouco ten en conta as recomendacións emitidas o mércores pola Comisión Europea, nas que presenta a necesidade de fundamentar a recuperación a medio prazo en medidas de apoio ao emprego tomadas de acordo cos interlocutores sociais, tales como a flexibilización das condicións laborais.

A organización empresarial considera “fóra de toda dúbida” que o incremento da rixidez no mercado laboral suporía “unha involución na lexislación laboral” que ademais se produciría nun momento no que o diálogo social é máis necesario que nunca. Así as cousas, a CEG teme que con este acordo se limite a capacidade de adaptación das empresas á realidade económica actual e ás necesidades do mercado.

Por último, a entidade afirma que as consecuencias do acordo acadado derivarán nunha perda de confianza empresarial tanto nacional como internacional, con incalculables perdas para a economía española e galega. Ademais, teme que con iso, os esforzos levados a cabo para, a través dos expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE), lograr hibernar os cadros de persoal e salvagardar millóns de postos de traball otambién, se teñan realizado en van.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)