Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O desconfinamento provoca unha moderada suba do 20% na demanda de emprego



REDACCIÓN · PUBLICADO O 22 DE MAIO DE 2020 · (0)



Durante o estado de alarma, as vacantes rexistradas en InfoJobs caen un 71% respecto ao mesmo período de 2019. Informática e telecomunicacións, e compras, loxística e almacén son os sectores claves na xeración de emprego durante os dous meses pandemia.


España suma xa dous meses dende que iniciou o confinamento para combatir a crise da COVID-19. Durante as últimas semanas, vimos como a pandemia retrocede e o país puido iniciar o seu plan de desconfinamento. Pese a que case 3,9 millóns de traballadores se atopan en situación de ERTE –un 16% da poboación activa–, coa reactivación da actividade nalgunhas comunidades, empézanse a entrever, aínda que de forma moi moderada, novos comportamentos no mercado laboral. InfoJobs vén de analizar o estado da oferta de emprego durante este período para ofrecer o segundo balance do mercado laboral en estado de alarma con novos datos do período comprendido entre o 20 de abril e o 17 de maio.

En xeral, obsérvase como a crise do coronavirus segue tendo un claro impacto na demanda de emprego. Dende que se declarou o estado de alarma en marzo e ata o pasado 17 de maio, a demanda de profesionais no noso país derrubouse. En concreto, as vacantes publicadas en InfoJobs descenderon un 71% respecto ao mesmo período do ano anterior. Se se analiza o comportamento do mercado laboral durante o segundo mes de confinaiento, os datos amosan como o desconfinamento (do 4 ao 17 de maio) provoca un incremento do 20% na demanda de vacantes en relaciónás dúas semanas previas (20 de abril ao 3 de maio).

“Os datos de InfoJobs amosan como co desconfinamento que iniciou o noso país hai dúas semanas e a reactivación dalgunhas actividades xeraron un leve incremento da demanda no mercado laboral. Mentres a demanda de profesionais sanitarios se estabilizou durante as últimas semanas, outras profesións emerxen para dar resposta ás novas necesidades e formas de consumir dos españois”, explica Mónica Pérez, directora de Comunicación de InfoJobs.

Sectores

Se observamos os sectores laborais que rexistran máis vacantes dende o inicio do estado de alarma, vemos como a demanda evoluciona xunto coa evolución da pandemia e o proceso de desconfinamento. Así, durante o primeiro mes de confinamento (do 16 de marzo ao 19 de abril) o sector de sanidade e saúde lidera o ranking de sectores por volume de vacantes cun total de 15.573 vacantes, seguido de informática e telecomunicacións con 14.503 vacantes, e en terceiro lugar compras, loxística e almacén que acumulou 14.057 vacantes.

En cambio, durante o segundo mes do confinamento (do 20 de abril ao 17 de maio), e coa baixada da presión hospitalaria e a redución de contaxios en España, o sector sanidade e saúde pasa a ser o sexto sector laboral na xeración de emprego durante este período, rexistrando 5.888 vacantes (un 62% menos que durante o primeiro mes de confinamento). Neste segundo mes dende o inicio do estado de alarma, o sector de comercial e vendas posiciónase como o primeiro sector que máis emprego xera, sumando 12.805 vacantes, debido principalmente a que é o sector que máis emprego xera en circunstancias normais, aínda que dende que se iniciou a crise rexistra unha caída do 67% respecto ás semanas previas ao estado de alarma. Pola súa banda, informática e telecomunicacións mantense no segundo lugar do ranking con 9.648 vacantes, seguida de compras, loxística e almacén que suma 9.580 durante este período.

Balance

A nivel global, se se observa o comportamento dos sectores durante as nove semanas do estado de alarma (do 16 marzo ao 17 de maio), en comparación coas nove semanas previas, vemos como sanidade e saúde foi o único sector que rexistrou un crecemento durante o confinamento, e faino un 92%, mentres que o sector do turismo e restauración é o sector que máis caeu, cun descenso do 94%. Pese ao actual contexto de recesión, existen algúns sectores que, aínda caendo, manteñen a demanda de vacantes. É o caso de compras, loxística e almacén, que durante o período da pandemia foi o sector que menos caída do volume de vacantes rexistrou, só un 20% respecto ás semanas previas do estado de alarma.

Durante a crises da COVID-19 a demanda dalgúns perfís profesionais xerou unha demanda superior de vacantes fronte a outros. Nas primeiras posicións séguense situando os perfís que tradicionalmente ocupan as primeiras posicións, a pesar de que estiveron afectados pola crise. Estes son perfís comerciais como representantes e teleoperadores, e os tecnológicos como desenvolvedodores. Non obstante, é significativo como a pandemia situou nos primeiros postos a outros profesionais como son os condutores de vehículo de reparto, mozos de almacén e auxiliar, e diplomados de enfermaría.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)