Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As Cámaras de Comercio poñen en marcha o selo “Comercio de Confianza”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 22 DE MAIO DE 2020 · (0)



Todos establecementos comerciais poderán pedilo a partir da próxima semana. O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo encomenda en exclusiva a xestión oficial das tramitacións ás cámaras de toda España “cunhas condicións económicas alcanzables para calquera establecemento”, afirma.


Dende a Cámara da Coruña explican que “traballamos intensamente” no deseño dun selo que acreditará que o comercio cumpre os protocolos sanitarios e de seguridade establecidos na  Guía de Boas Prácticas da Secretaría de Estado de Comercio. Cunha rápida tramitación telemática para achegar a documentación requirida e unha declaración responsable o comercio terá este distintivo.

Con él clientes e empregados saben que o local cumpre as normas para proporcionar unha experiencia de compra segura ante a Covid-19. As cámaras poden facer verificacións aleatorias para comprobar o cumprimento do Protocolo presentado pola empresa, que deberá actualizarse en función de novidades que poidan introducirse.

Esta acción forma parte do plan de axuda á reactivación do consumo e do comercio que están a realizar as Cámaras no que se enmarca a Campaña #TeEstamosEsperando. “O comercio está a realizar un enorme esforzo de adaptación ás novas circunstancias para seguir ofrecendo a calidade e o servizo de sempre coas máximas garantías. Cando un consumidor vexa este selo nun escaparate, saberá que entra nun comercio de confianza”, lembra o presidente da Cámara de España, José Luis Bonet.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)