Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Consellos para que a comunicación a través da pantalla sexa o mellor posible



REDACCIÓN · PUBLICADO O 22 DE MAIO DE 2020 · (0)



As vídeochamadas non son só para comunicarnos de forma profesional, como comprobamos estas semanas coas as apps de chats mais usadas ca nunca para falar con familia e amigos. Aquí van uns consellos da socióloga e experta en neurolingüística Alicia Aradilla para conseguir o mellor resultado, moi importantes no mundo laboral.


Cal é a mellor postura, o mellor ángulo, como utilizar as respostas e preguntas? Aradilla explica que cómpre “conciencia das palabras. Elas son a clave das nosas crenzas, valores e comportamentos, as columnas da nosa identidade. A linguaxe é nosa gran diferenza como especie”. Formadora en habilidades de conversación prepara a persoas e equipos e nos agasalla con estes consellos:

1.- COMUNICAR É MOITO MÁIS QUE FALAR. Non saber comunicar hoxe é como ser analfabeto anos atrás. Identifica a mensaxe central de cada unha das túas comunicacións.

2.- IMPROVISACIÓNS. Saber improvisar require experiencia previa e habilidades comunicativas consolidadas. Prepara os contidos antes da reunión para evitar construír o discurso mentres o expós. Se non tes claro que dicir previamente é difícil que o identifiques falando.

3.- ANTICIPA E PLANIFICA. Se para preparar os contidos necesitas dedicar tempo a pensalos, facer un resumo, esquema, ou notas faino. Todo o tempo que utilices en planificar, aforraralo en desfacer malentendidos.

4.- IDENTIFICA O TEU PATRÓN MENTAL TEMPORAL  O tempo que transcorre no noso mundo exterior, está moi condicionado pola percepción que construímos del.  Se dedicar tempo antes dunha reunión, considéralo “unha perda de tempo”  revisa o patrón mental.

5.- ESCOITA DE CALIDADE. Se planificas que dirás cando falen outras persoas en lugar de preparar mentalmente a túa resposta, poderás poñer toda a túa atención en escoitala, e se necesitas uns momentos para responder con calidade, ten a valentía de comunicalo. Ademais de ser valente, gañarás respecto.

6.- MIRA AOS OLLOS. Eleva o teu computador para poder mirar aos ollos, aínda que sexa virtualmente. O efecto positivo é maior nestes días de exceso de pantalla.

7.- RESPECTA A DISTANCIA VITAL. Situar o computador a unha altura que che permita elevar a mirada aos ollos do teu interlocutor tamén creará virtualmente a distancia vital que todos necesitamos na comunicación. Estar moi pegado á pantalla dá sensación de incomodidade e invasión á outra persoa.

8.- EXPRESIÓN CORPORAL. Ao elevar o computador poderás reclinar os ombreiros cara atrás. Ademais de ser unha postura máis adecuada é moito máis agradable para o teu interlocutor.

9.- EMOCIÓNS. Se queres provocar tranquilidade ou creatividade conseguiríalo desde presión ou enfado? Non. Dedica uns momentos para revisar e identificar o teu estado emocional.

10.- COMUNICA. Se tes unha situación puntual que pode afectar á comunicación, por exemplo, fillos pequenos en casa, comunícao e así o resto das persoas entenderán que sucede.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)