Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Alcoa propón destruír máis de 530 empregos en Lugo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 28 DE MAIO DE 2020 · (0)



Os grupos políticos cúlpanse uns a outros do peche da peche da planta de aluminio de Alcoa en San Cibrao que acaba de anunciar o despido colectivo para 534 traballadores. O PPdeG culpa o Goberno central por “inacción” mentres o BNG pide a nacionalización.


Alcoa asegura que leva varios anos rexistrando perdas das que culpa á sobreprodución existente aos prezos baixos da materia prima e á falta dun prezo da enerxía competitiva, un extremo que se agravou nos últimos anos. Nos últimos meses, a planta foi reducindo a súa capacidade de produción de aluminio ata mínimos e a situación arestora é crítica.

O complexo industrial de San Cibrao está composto por unha planta de aluminio e unha planta de alúmina. Esta última, con máis de 600 empregados, non se verá afectada xa que o proceso de despido afectaría só á fábrica de aluminio primario, a única que lle queda en España tras vender o pasado ano as da Coruña e Aviles.

A multinacional propuxo abrir un período informal de consultas co comité de empresa que levará unhas semanas e permitirá aínda algún movemento político.

Nacionalizar ou socializar perdas

Neste sentido, o BNG xa propuxo “a intervención pública da empresa, nacionalizar Alcoa para evitar o seu peche e manter a produción e o emprego”, propuxo a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. A líder nacionalista subliñou que a factoría de San Cibrao xa foi no seu día unha empresa pública, polo que supoñería realizar o mesmo camiño pero á inversa, como xa están a facer noutros países da contorna europea, como Italia, precisamente co sector do aluminio; ou Alemaña, onde se nacionaliza de facto a compañía aérea Lufthansa. “Galicia non pode seguir vendo como se desmantela o sector industrial ante a pasividade tanto do Goberno central como da Xunta de Galicia”.

Non obstante, o vicepresidente segundo do Goberno, Pablo Iglesias, aseguraba hoxe que, malia que a nacionalización é unha posibilidade non pode servir para “socializar perdas”.

A Xunta propón unha "fronte común" cos traballadores

Pola súa banda o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asegurou hoxe que a decisión da factoría de Alcoa en San Cibrao é consecuencia da “inacción” do Goberno central e da súa falta de compromiso e de resposta á hora de establecer un prezo eléctrico competitivo para a industria electrointensiva. Ante esta situación, aseverou que a Xunta de Galicia seguirá ao lado dos traballadores, facendo con eles “unha fronte común”.

Segundo o conselleiro, “a aposta ten que ser o emprego, ten que ser a industria, e o Goberno ten a última oportunidade de rectificar e non deixar á súa sorte a 500 familias que dependen dunha decisión política que non é outra que fixar un prezo eléctrico competitivo. “Neste momento de especial dificultade e especial dureza para os traballadores de Alcoa San Cibrao, non hai unha explicación que trasladarlles”, lamentou Conde, quen avanzou que o Executivo galego fará “unha fronte común cos traballadores”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)