Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A achega dos investigadores nos hospitais galegos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 29 DE MAIO DE 2020 · (0)



Cinco dos vinte postos habilitados na uci-COVID do hospital de Ourense estiveron monitorizados con equipos cedidos polo Centro de Investigación en Novas Tecnoloxías Cirúrxicas Minimamente Invasivas de Tecnópole. Pioneiro en Galicia, conta cun Sistema de Quirófano Avanzado a disposición dos hospitais. Agora estase a orientar á cirurxía pediátrica, aínda que tamén abordarán outras espec


A directora de Recursos Económicos da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Cristina Enjamio, explica que se empregaron sobre todo os cinco monitores de parámetros de pacientes. Tamén se usou o ecógrafo e as dúas sondas, tanto por parte dos ucistas como dos anestesistas, “de grande utilidade para obter a imaxe pulmonar dos enfermos”. Nos vindeiros días devolveranse estes aparatos, afortunadamente xa non queda ningún paciente na uci-COVID.

TECMEVA -Tecnoloxías Médicas de Vangarda- é o Centro de Investigación en Novas Tecnoloxías Cirúrxicas Minimamente Invasivas do Parque Tecnolóxico de Galicia  -Tecnópole. No inicio da crise cedeu varios equipos médicos do seu Quirófano Avanzado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense: un desfibrilador, catro equipos de anestesia, cinco monitores multiparamétricos, un ecógrafo e dúas sondas de ecógrafo.

Como salienta o director xerente do Parque Tecnolóxico de Galicia, Ricardo Capilla, “TECMEVA é un centro punteiro na súa especialidade en Galicia pero cando xurdiu a crise sanitaria consideramos que o que procedía neses intres era poñer o equipamento o máis rápido posible en mans dos profesionais sanitarios do CHUO”.  Realízanse tamén no centro de investigación cursos de simulación laparoscópica, formación en técnicas de fetoscopia (intervención no feto antes de nacer), laparoscopia convencional e introdución na visualización laparoscópica en 3D.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)