Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Adriana Domínguez presidirá o grupo Adolfo Domínguez



REDACCIÓN · PUBLICADO O 29 DE MAIO DE 2020 · (0)



Adolfo Domínguez Fernández, presidente e principal accionista do grupo Adolfo Domínguez, renunciou á presidencia tras 28 anos liderando o proxecto téxtil galego, que pasa agora á súa filla e conselleira delegada,Adr iana Domínguez.


O nomeamento foi aprobado por unanimidade polos membros do consello de administración e previo informe favorable da comisión de Nomeamentos e Retribucións, segundo informou a compañía.

Desde o grupo Adolfo Domínguez aseguran que esta decisión “referenda a sucesión natural” na firma de moda de autor, que agora debe encarar o futuro da compañía no marco da peor recesión económica mundial provocada pola crise do coronavirus. 

Adriana Domínguez (Ourense, 1976) é conselleira da empresa desde novembro de 2016 e desde xullo de 2017 o consello delegou nela todos os poderes executivos, primeiro como directora xeral (2017-19) e como conselleira delegada (desde xullo de 2019), cargo que agora se engade ao de presidenta do consello de administración.





Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)