Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Lánzase en España a empresa galega Gloria Domecq Cátering



REDACCIÓN · PUBLICADO O 17 DE XUñO DE 2020 · (0)



Tentará atopar oco coa esencia da cociña e o produto galego pero combinando distintas culturas culinarias internacionais e cunha presentación con guiños á nosa contorna. A súa fundadora é a viguesa Gloria Domecq, emprendedora con tradición culinaria familiar formada na prestixiosa escola francesa Lle Cordon Bleu e a de hostalería de Bolonia.


“A cociña galega pódese combinar con outras técnicas culinarias sen esquecer a contorna privilexiada que nos rodea e que hai que mostrar. É tempo de exportar Galicia”, asegura esta galega que, con só 23 anos, era xefa de cociña en Paris nos restaurantes  R' Aliment e Biotifoul. Potencia os noso pratos con receitas tradicionais de culturas como a mexicana, moi relacionada con Galicia pola emigración, a cubana, a oriental ou árabe pero sempre cun produto autóctono galego como base.

Ao ver crecer a demanda da cociña natural nos últimos anos empezou a ofrecer eventos e vodas e agora decidiu ampliar o negocio cun servizo de cátering profesional a nivel nacional. Para a emprendedora é prioritario apoiar o produto galego autóctono como o porco celta, o galo de Mos, a peixarías ou a típica empanada de millo con centeo e  grelos que se estaba perdendo.

“Hai un millo tradicional, o millo curvo, que é exquisito e nutritivo que hai que plantar para que non se perda a semente e outras variedades que existen na nosa horta e estaban en desuso, diferentes herbas aromáticas ou os valiosos froitos vermellos que crecen moi facilmente no clima galego e son excelentes para  unha saborosa torta de biscoito de chocolate e frambuesas”. “Pódense combinar distintos sabores internacionais e crear, por exemplo, un delicioso  sushi de xurelo ou xarda, un curry  thai de Gallo de Mos con arroz basmati ou unha deliciosa empanada de teto e verdura do noso horto” asegura mencionando algúns exemplos das súas cartas. “A gastronomía galega está en crecemento, e temos que potenciala e  internacionalizarla, abrila ao mundo”, asegura.

Tamén traballa con todos os produtos ecolóxicos que permita o menú e cultiva o seu propio horto ao tempo que coida dos produtores locais establecendo un sistema de traballo moi limpo, libre de plásticos e minimizando residuos. Tamén é dos poucos caterings con menús especiais para dietas veganas ou alerxias alimentarias como sen glute ou lactosa.

Contorna galega

Traballan moito na presentación as plantas e flores. “Aínda que Galicia ten xa unha excelente marca de produto gastronómico había que engadirlle algo máis . Comer en sí é unha experiencia” explica Gloria Domecq, cuxa empresa ofrecerá espazos singulares para celebrar eventos en pazos como o de Moreira en Ponteareas (Pontevedra), leiras como A  Coutada en Ourense onde viviron os monxes do Mosteiro de Celanova, no xardín botánico de Fundación Saes ou en locais urbanos orixinais como espazo Muta, ambos en Vigo. E tamén desprazarase a calquera punto da xeografía española mentres estudan novos espazos para ir ampliando a rede de colaboradores que cumpran os requisitos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)