Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Verán 2020 en Europa



REDACCIÓN · PUBLICADO O 18 DE XUñO DE 2020 · (0)



Ante a situación excepcional derivada da pandemia da COVID-19, a Comisión Europea ofrece os seus consellos para reactivar o turismo en Europa e que os viaxeiros poidan gozar deste verán con todas as garantías posibles. Estes consellos son aplicables en viaxes tanto a nivel nacional como entre estados membros da UE.


Nos últimos anos, Europa consolidouse como un dos destinos preferidos dos turistas para pasar as súas vacacións de verán. Co obxectivo de que este ano se poida continuar gozando da súa gran riqueza cultural, da calidade das súas praias e da súa variada gastronomía, a Comisión Europea presenta as seguintes recomendacións en liña coa folla de ruta publicada o pasado mes de maio para apoiar o sector turístico.

1. Viaxe con seguridade. O principal obxectivo da Comisión Europea é que se poida reanudar a actividade turística de maneira segura para operadores e consumidores. Para iso, a Comisión estableceu un marco común para restablecer as viaxes e as actividades turísticas, e desenvolver protocolos sanitarios para hoteis e outro tipo de aloxamentos, e o sector do transporte. Ademais, os estados membros, co apoio da Comisión, acordaron unhas especificacións técnicas para garantir un intercambio de información seguro entre as aplicacións móbiles nacionais de rastrexo. Isto quere dicir que estas aplicacións nacionais funcionarán sen interrupción cando os usuarios viaxen a outro país da UE. A información de proximidade compartida entre as aplicacións intercambiarase de maneira cifrada para impedir a identificación de calquera individuo, en liña coas directrices da UE sobre a protección de datos nas aplicacións.

2. Infórmese con Re-open EU, a plataforma para a reanudación segura das viaxes. Apta tamén para o móbil, Re-open EU permite consultar información específica en tempo real sobre as fronteiras e os medios de transporte e servizos turísticos dispoñibles nos estados membros. Inclúe tamén información relacionada coas restricións de viaxes, medidas de saúde pública e de seguridade, así como outras informacións útiles sobre ofertas turísticas a nivel nacional e da Unión. A plataforma tamén inclúe información sobre os sistemas de bonos de patrocinio, mediante os que os consumidores poden apoiar aos seus hoteis ou restaurantes favoritos comprando bonos para futuras estancias ou comidas.

3. Coñeza os seus dereitos como pasaxeiro. Ante as circunstancias excepcionais pola COVID-19, a Comisión Europea realizou unhas aclaracións respecto aos dereitos dos pasaxeiros. Os Regulamentos da UE establecen que en caso de cancelación da súa viaxe por parte do transportista, os pasaxeiros poden elixir entre o reembolso e un transporte alternativo. Con arreglo á lexislación da UE, o reembolso pode facerse mediante a devolución do diñeiro ou en forma de bono, sempre e cando o pasaxeiro estea de acordo. Dende a Comisión se anima ao sector a facer que os bonos sexan unha alternativa viable e máis atractiva que o reembolso, garantindo a máxima flexibilidade.

4. Goce das augas de baño europeas. O informe anual da Axencia Europea de Medio Ambiente ratificou, un ano máis, a boa calidade das augas europeas. Das 22.295 zonas de baño identificadas en 2019, o 86 % obtivo a cualificación de excelente. A porcentaxe das que cumpren os requisitos de calidade “suficiente” en Europa acada o 95%. No caso de España, 1.974 puntos (un 88,4% do total) foron cualificados como excelentes para o baño. Estas zonas de baño localízanse ao longo de toda a costa española, con maior presenza en Galicia, País Vasco, Comunidade Valenciana, Andalucía e Illas Canarias.

5. Chame e envíe SMS con custo limitado na UE. O pasado 15 de xuño cumpríronse tres anos dende que a Unión Europea levou a cabo a supresión do roaming. Dende entón, todos os cidadáns europeos poden utilizar o seu móbil en calquera país da Unión Europea ao mesmo prezo que o fai no seu país de residencia. Ademais, dende maio de 2019, co obxectivo de limitar os prezos de chamadas e mensaxes SMS cara outros países da UE, se estableceu unha cantidade máxima de 19 céntimos (máis IVE) por minuto de chamada cara outro país da UE, e 6 céntimos (máis IVE) por mensaxe SMS.

6. O teléfono de emerxencias 112 e a Tarxeta Sanitaria Europea. Este número pode marcarse de forma gratuíta dende teléfonos fixos e móbiles en calquera lugar da UE para contactar cos servizos de emerxencia. Ademais, grazas á Tarxeta Sanitaria Europea, os cidadáns europeos teñen dereito á mesma asistencia sanitaria que os nacionais do país da UE no que se atopen.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)