Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O primeiro evento híbrido celebrado en Galicia na "nova normalidade"



REDACCIÓN · PUBLICADO O 18 DE XUñO DE 2020 · (0)



Desenvolto nun formato mixto entre presencial e online Expourense acolleu esta mañá o XIV Simposio sobre Enerxías Renovables que puxo en valor o papel que xoga a arquitectura na construción de edificios eficientes “consumo case cero”. Presentou casos de éxito de varias zonas de España aplicables a Galicia e tendencias en solucións arquitectónicas.


Contou coa participación de relatores en modo presencial e outros online cuxas intervencións foron seguidas por máis de 150 profesionais de toda España. 50 deles acudiron ao hall de Expourense e o resto seguíronos desde a plataforma virtual #zoom ou en directo dende o Facebook de Expourense. O obxectivo foi orientar a promotores e construtores no uso das renovables como vantaxe á hora de vender as súas promocións.

Os relatores foron arquitectos e enxeñeiros de empresas que presentaron casos prácticos de éxito de arquitectura sostible realizados en todo o país e que abordaron as oportunidades do sector marcadas polas liñas estratéxicas europeas para o 2050. Tamén se abordou o papel das enerxías renovables no Green Deal Europeo, o Pacto Verde que busca reverter o cambio climático e frear os seus efectos.

O director da Representación da Comisión Europea en Barcelona,  Ferran Tarradellas lembrou que Europa inviste ao ano máis de 400.000 millóns de euros na importación de gas e petróleo a países non europeos. E fixo referencia a que as enerxías limpas prodúcenas os ventos, mares e soles locais e que son explotadas por empresas da contorna xerando tamén postos de traballo.

Os casos prácticos presentados

Edificios autosostenibles e de consumo case cero como o do Servizo de Emprego Público Estatal e Rexional SEXPE da pequena localidade de Hoyos, na provincia Cáceres, un dos escasos exemplos de edificios públicos eco-sostibles de España; o complexo de 2 pisos de altura de vivendas turísticas en Jaca, nos Pireneos, ou un edificio de oficinas en Xaén. O arquitecto técnico ourensán, José Manuel Rodríguez, expuxo a realidade sobre os edificios que consomen enerxía próxima a cero. Participou neste relatorio tamén o arquitecto técnico de Alexo e membro da Unidade Técnica da Universidade da Coruña, Alejandro Martínez, que explicou a experiencia da Universidade na “ evangelización enerxética” do uso de renovables.

O segundo bloque da xornada estivo destinado a explicar as axudas existentes para o aforro e a eficiencia enerxética por parte das distintas administracións desde as liñas de financiamento europeas para proxectos innovadores no ámbito das enerxías renovables. Exemplos disto son os Programas  Horizon 2020 e  Horizon  Europe ou os incentivos autonómicos que desde o INEGA (Instituto  Galego de  Enerxía) explicados polo Xefe de Área de Renovables desta entidade, Joaquín López, quen tamén fixo referencia aos cambios nos prazos das convocatorias de axudas provocados pola pandemia.

Proxecto GeoAtlantic

A cidade de Ourense, sede deste simposio, tivo tamén o seu espazo cun relatorio na que se explicou o potencial termal da cidade, impulsora do proxecto europeo GeoAtlant, o primeiro proxecto europeo da área Atlántica seleccionado para a promoción da  xeotermia no espazo europeo. Este proxecto conta coa presenza de 12 socios de cinco países do espazo europeo, vinculados tanto ao ámbito científico, como ao ámbito empresarial, como de institucións públicas; todas elas expertas en xestión de recursos naturais e enerxías renovables.  

A xornada estivo organizado por Expourense coa colaboración da empresa ourensá  INGEO, e contou co apoio da Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense e a Deputación Provincial. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)