Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

CEL e ICM asinarán un acordo para facilitar test de SARS- CoV-2 ás empresas de Lugo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 18 DE XUñO DE 2020 · (0)



O secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo, Jaime López, visitou as Instituto de Estudos Celulares e Moleculares, o primeiro laboratorio privado de xenética de España. As probas faranse baixo prescrición médica e o acordo contará co apoio da Asociación de Empresarios de Sanidade Privada da Provincia Lugo.


Acompañado do CEO de ICM, Alfonso Alba, Jaime López percorreu as instalacións deste laboratorio, o único Centro de Diagnose de Galicia acreditado polo Ministerio de Ciencia epara a realización de test de  SARS- CoV-2, tanto PCR como serolóxicos de anticorpos, con cumprimento de todos os estándares de calidade.

CEL e ICM estudan a firma dun convenio de colaboración para facilitar ás empresas integradas na organización empresarial lucense a posibilidade de acceso aos tests para os seus persoais en condicións vantaxosas. A este acordo incorporarase a Asociación de Empresarios de Sanidade Privada da Provincia Lugo e clínicas ambulatorias da provincia interesadas, pois han de realizarse baixo prescrición e asesoramento médico, seguindo as directrices do Ministerio de Sanidade.

Unha vez pechada esta colaboración sería a cuarta que a CEL materializa para facilitar a adaptación á nova situación: mantén un convenio con AMSlab a través do que este laboratorio ofrece servizos de asesoramento e control dos protocolos de limpeza para certificar a idoneidade e seguridade así como dous con provedores lucenses (Farmadismo e San Xiao Export) para facilitar o acceso a máscaras, xel e luvas en condicións vantaxosas aos asociados da CEL.

O secretario da confederación, Jaime López, destacou a vantaxe que supón contar con instalacións como as de ICM en Lugo, un orgullo para unha provincia necesitada de empresas "cunha actividade xeradora de valor engadido e riqueza máis aló dos sectores  fortes e tradicionalmente asociados a este territorio”. O Instituto de Estudos Celulares e Moleculares foi fundado no ano 1997 establecéndose como o primeiro laboratorio privado de xenética de España. Ten máis de 3.000 probas xenéticas e é o centro con maior capacidade de diagnose de xenotipado de España.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)