Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A polo turista galego



REDACCIÓN · PUBLICADO O 19 DE XUñO DE 2020 · (0)



Hostalaría Compostela traballa nunha campaña de captación do viaxeiro rexional e presentoulle onte ao goberno local as súas ideas para fortalecer Santiago como capital turística do país.


Unha representación da directiva da Asociación Hostalaría Compostela, encabezada pola súa presidenta, Sara Santos, reuniuse onte co concelleiro de Turismo de Santiago, Sindo Guinarte, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, para tratar diversas propostas que axuden ao sector a superar as consecuencias da crise da COVID-19. A entidade propuxo ao goberno local a posta en marcha dunha campaña de promoción turística interna que sirva como captación de público galego. Trátase dunha campaña na que xa está a traballar e que busca facer un chamamento para que os galegos visiten e gocen dos atractivos turísticos de Compostela neste verán.

Por outra banda, Hostalaría Compostela insiste na necesidade de fortalecer a idea de Compostela como capital turística do país. Tendo en conta que Santiago é a capital de Galicia e ocupa o centro xeográfico da comunidade autónoma, considera que a cidade debería ser quen de atraer a un importante número de turistas que pasen a noite na cidade e se despracen dende ela a outros destinos galegos, de mar ou montaña.

Ademais, sinala que Santiago conta cunhas estruturas e unha gran oferta gastronómica e cultural que fan dela un destino ideal para o turismo familiar. É precisamente nestes tipos de público, familiar, galego e de proximidade, no que se basea a campaña que está elaborando a asociación e que xa presentou tamén á Xunta.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)