Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A enerxía solar, cada vez más aproveitada no porto vigués



REDACCIÓN · PUBLICADO O 19 DE XUñO DE 2020 · (0)



A Autoridade Portuaria autorizou á empresa Iberconsa Seafood a instalar unha planta fotovoltaica de autoconsumo na cuberta do edificio da concesión na chaira anexa ao peirao de reparacións de Bouzas. Tanto Froiz como Frigoríficos de Vigo -con senllas naves– optaron tamén por esta fonte de enerxía nas súas instalacións.


Espérase que Termavi -concesionaria da Terminal de Contedores do Porto de Vigo- sómese a esta iniciativa. Polo momento xa se instalaron paneis solares no edificio das súas oficinas centrais na Praza da Estrela, na Terminal de Transbordadores de Bouzas e no edificio de talleres, no Peirao do Arenal. Proximamente seguiranlles o edificio da Lonxa, a Estación Marítima e o edificio de oficinas “ Virxe do Carme” no Porto Pesqueiro.

O caso da Lonxa é, se cabe, o máis singular, xa que a mellora da eficiencia enerxética é un dos capítulos máis destacables dentro do seu megaproxecto de “Lonxa 4.0” que faina a primeira en funcionar con  renovables. Neste caso a enerxía capturada durante o día nos paneis solares acumularíase en pilas de litio para poder ser utilizada de noite, que é cando hai maior actividade e consumo. Por iso, a idea é instalar baterías cunha capacidade de 172.297 kW/ano aproveitando o excedente de enerxía que se xera durante o día.

A Autoridade Portuaria de Vigo ten prevista tamén a colocación dunha instalación fotovoltaica no edificio da Estación Marítima formada por 270 paneis cunha capacidade de produción anual de 153.774 kW/ano, o que supón un 33% do consumo do Peirao de Transatlánticos. Igualmente, no edificio “ Virxe do Carme”, no Porto Pesqueiro, instalarase 51 paneis cunha produción de 29.445 kW/ano aproveitando ao máximo a capacidade da súa terraza.

Enerxía eólica para autoconsumo en Bouzas

Para completar estas actuacións o porto estuda a posibilidade de instalar un pequeno aeroxerador de 100KW no paseo que bordea a Terminal de Transbordadores de Bouzas. Aínda que está en fase de estudo, a finalidade sería só unha, o  autoabastecimiento, e non a comercialización e cun mínimo impacto na contorna. Entre todas estas actuacións a Autoridade Portuaria de Vigo podería investir uns 5,5 millóns de euros.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)