Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Como enfrontarse a un concurso de acredores e superalo con éxito?



REDACCIÓN · PUBLICADO O 22 DE XUñO DE 2020 · (0)



Dipcom estima que os preconcursos se multiplicarán por catro e que os concursos se incrementarán nun 50% no segundo semestre deste ano. Para 2021 prevé que se producirá a “grande onda”.


A crise económica provocada polo coronavirus está afectando gravemente a empresas e autónomos do noso país. A pandemia provocou que o 40% das empresas españolas se vise obrigado a pechar temporalmente, outro 50% viu alterada a normalidade dos seus servizos e tan só o 10% continuou coa súa operativa habitual. En pleno proceso de desconfinamento, parece que todo apunta a un leve repunte na economía, ao que os expertos de Dipcom Corporate, consultoría especializada na intervención executiva en momentos de crise, sinalan que “non hai que confundir reactivación dos propios negocios coa recuperación”. E o panorama empresarial é descorazonador: tres de cada dez compañías españolas están en perdas, mentres que os autónomos prevén que a súa facturación se vai reducir á metade en 2020, fronte ás súas cifras de 2019.

Igor Ochoa, CEO de Dipcom Corporate, destaca que “a solicitude de concursos, aínda que vai incrementarse, se vai ver freada grazas ao Real Decreto-lei 16/2020, de 28 de abril, no que o Goberno introduce unha serie de cambios para facer fronte á crisis do coronavirus”. Explica que de todas estas variacións a máis importante afecta ao prazo que se deu a todos os debedores ata o 31 de decembro para presentar o concurso. Neste sentido, puntualiza que “cando remate o ano é cando se producirá a ‘grande onda’ de concursos, é dicir, a comezos de 2021. Será nese momento cando se poidan superar os 20.000, case catro veces e media máis que os que houbo en 2019, o ano antes da pandemia, cando a cifra se situou nos 4.464”.

Non obstante, os preconcursos xa se están disparando en 2020, por ser unha “arma legal” moito máis económica e con menos complicacións para o empresario; ademais de polos custo máis reducido e a non obrigación de nomear administrador concursal, o que facilita o labor de xestión ao empresario.

Pero como afrontar un concurso de acredores e superalo con éxito? A Lei Concursal, que leva en vigor dende 2003 e á que se lle aplicaron máis de 30 revisións, establece un procedemento a través do que o debedor que non ten suficiente liquidez para facer fronte ás débedas pendentes busca liquidar todas esas débedas de forma definitiva ou, polo contrario, conseguir un plan de pagamentos que sexa viable. Desígnase un administrador que guiará o proceso, co fin de asegurar que ningún acredor resulte beneficiado en detrimento doutro.

Todo concurso pode ser solicitado voluntariamente pola empresa ou o autónomo ao darse conta de que está nunha situación de insolvencia actual ou inminente; ou ben, a outra opción é o concurso forzoso, que se produce cando os propios acredores poñen en marcha o proceso co fin de cobrar a débeda pendente.

O antes posible

O certo é que dende Dipcom Corporate sinalan que para que saír dun concurso de acredores, as empresas deben solicitalo o antes posible (canto antes se aborde a situación de insolvencia, maiores son as posibilidades de saír con éxito de el), así como ter claro que deben procurar a axuda dun equipo multidisciplinar que xestione o proceso dende o punto de vista financeiro e legal (economistas e avogados). O equipo co que se decida colaborar debe ter non só a capacidade de desenvolver un plan de viabilidade, senón tamén poñelo en marcha e xestionalo para reconducir a situación.

Todo isto para non formar parte dunhas estatísticas aplastantes: nove de cada dez empresas que se declaran en concurso de acredores terminan en liquidación, algo que explica a reticencia de empresas e autónomos a decantarse por esta ferramenta pensada para superar momentos de crise. “Incluso nese momento non ten por que ser o final. Se se fixo un bo traballo durante o concurso de aceedores, podería salvarse o negocio coa compra da unidade produtiva. Moitas empresas resucitan despois da liquidación. De aí a importancia de contar cun bo equipo de expertos que te guíen, asesoren e te asistan en todo o proceso concursal”, conclúe Igor Ochoa.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)