Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Preocupación polas axudas a empresarios da Deputación de Ourense



REDACCIÓN · PUBLICADO O 22 DE XUñO DE 2020 · (0)



O presidente da Deputación e a presidenta da CEO reuníronse hoxe para "analizar a grave situación que tenta provocar nos autónomos e pequenos empresarios da provincia o representante do grupo socialista tentando que se revisen as axudas económicas concedidas a autónomos e pemes afectados pola crise da COVID-19".


Segundo a Deputación de Ourense, a actitude do socialista "podería poñer en risco o cobro de ditas axudas e mesmo provocar a devolución dos importes xa cobrados por 2.500 beneficiarios". O PSOE denunciou hai uns días "irregularidades" na concesión de ditas axudas que foron "rexistradas fóra do prazo legal", o que atribúe a "difusión de información privilexiada por parte de cargos do PP".

Manuel Baltar asegura que “coa documentación á que tivo acceso á Deputación de Ourense días pasados quedou ao descuberto a posición de Rodríguez Villarino en contra dos autónomos" e que está a provocar “unha fonda preocupación nos empresarios e nos autónomos”, segundo lle transmitiu hoxe a presidenta da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) Marisol Novoa.

“Non se entende que tratándose de axudas económicas para milleiros de persoas –protagonistas da reactivación económica e social da nosa provincia–, haxa quen se dedique a cuestionar a legalidade das axudas”, asegura o comunicado da Deputación de Ourense. O seu presidente considera que “o gravísimo é que se poñan en perigo as axudas que xa cobraron 2.500 empresarios e autónomos, e que se poidan ver na obriga de ter que devolvelas como consecuencia dun comportamento indigno e vil por parte dun deputado desta corporación”.

Baltar defende que as axudas e os procedementos “son absolutamente legais, igual que as que se puxeron en marcha en todo o territorio nacional, e só se coñece o caso de que en Ourense se estean a investigar e revisar”. E asegura que seguirán “defendendo aos autónomos e a todos os empresarios que teñen percibido e percibirán, de aquí ao 15 de xullo, a totalidade das axudas económicas, e non pararemos ata cumprir ese obxectivo”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)