Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Sergas activa un número de teléfono para visitantes con síntomas COVID-19



REDACCIÓN · PUBLICADO O 22 DE XUñO DE 2020 · (0)



A Consellería de Sanidade activou este luns, 22 de xuño, un novo teléfono específico, o 881 00 20 21, para atender a todas aquelas persoas que visiten Galicia nos vindeiros meses e evidencien sintomatoloxía covid-19 durante a súa estadía na comunidade.


A nova medida ten por obxecto extremar o diagnóstico precoz no territorio galego, ante a apertura das fronteiras, adiantada polo Goberno central, e a ausencia de limitacións na mobilidade das persoas.

A medida pretende tamén facilitar que calquera persoa que visite Galicia, e presente síntomas, poida contactar dun xeito sinxelo cos profesionais do Servizo Galego de Saúde e que estes poidan decidir dun xeito áxil tanto a realización das probas de detección da covid-19 que consideren necesarias, como o seu tratamento, no caso de ser preciso.

Neste senso, no caso de que unha persoa que visite Galicia perciba algún dos síntomas propios da covid-19, poderá chamar ao novo número de atención 881 00 20 21 activado polo Servizo Galego de Saúde e, desde o mesmo, recibir toda a información que precise en cada momento. 

Cómpre subliñar que, aínda que a persoa que presente sintomatoloxía covid-19 non dispoña da tarxeta sanitaria galega, o Sergas asignaralle unha cita cun profesional sanitario que, tras unha consulta telefónica inicial, poderá determinar o que proceda e, no seu caso, solicitar a proba diagnóstica que considere precisa.

No caso de que o resultado da proba sexa negativo, simplemente se lle informaría do seu resultado e lembraranse o conxunto de recomendacións hixiénico-sanitarias que ten establecidas a Xunta de Galicia. Non obstante, de confirmarse un caso positivo, o profesional sanitario continuará co proceso establecido, ademais de activarse, de ser posible, o sistema de seguimento domiciliario TELEA.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)