Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os proxectos máis desexados polos galegos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 23 DE XUñO DE 2020 · (0)



Viaxar, darse un capricho e redecorar a casa son as cousas que más lles gostaría facer ao volver ao normalidade segundo datos do estudo “Volver, seguir, sentir” realizado por Cofidis. Desexamos máis investir no fogar que a media española.


Agora que o confinamento vai chegando á súa fin, Cofidis vén de desenvolver o primeiro estudoque valora os proxectos e ilusións dos españois na volta á normalidade tras a pandemia. Segundo este traballo, o 53% dos galegos entrevistados sitúa viaxar como o principal plan, cinco puntos por debaixo da media dos españois (58%). En segundo lugar, un 25% asegura que quere darse un capricho, catro puntos por debaixo da media, e en terceiro lugar un 23% quere redecorar cambiar os mobles da casa, oito puntos por riba da media.

Outros dos plans máis desexados polos cidadáns de Galicia tras o desconfinamento son: reformar a casa (19%), ir a un concerto (17%) e facer algún tratamento relacionado co coidado persoal ou estético (15,5%). Así, o ranking dos principais plans que queren realizar os galegos tras a fin do estado de alarma, quedaría da seguinte maneira:

  • Viaxar (53%)
  • Darse un capricho (25%)
  • Redecorar a casa (23%)
  • Reformar a vivenda (19%)
  • Ir a un concerto (17%)
  • Facer algún tratamento relacionado co coidado persoal ou estético (15,5%)
  • Ter un gadget ou dispositivo electrónico (15%)
  • Comprarse algún artigo de moda (15%)
  • Ter algún tipo de electrodoméstico concreto (14%)
  • Cambiar o coche por un novo (10%)
  • Comprar unha casa (9,5%)
  • Ter un horto (7%)
  • Outros proxectos (7%)
  • Cambiar o coche por un de segunda man (4%)
  • Comprar algún tipo de equipamento deportivo (4%)
  • Comprar unha segunda residencia (3%)
  • Comprar algún artigo de xoiaría (3%)
  • Comprar unha moto (2%)

Só para o 47,5% dos galegos participantes no estudo da entidade financeira viaxar convértese nun proxecto moi importante (outorgándolle unha puntuación de entre 8 e 10 puntos) na volta á normalidade, e un 64% afirma que cre que realmente poderá conseguilo. No caso dos que desexan darse un capricho, só un 24% lle dan moita importancia a conseguilo aínda que o 69% asegura que o fará.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)