Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Unha técnica pioneira con vapor de auga permite tratar a hiperplasia benigna de próstata



REDACCIÓN · PUBLICADO O 23 DE XUñO DE 2020 · (0)



O Servizo de Uroloxía de HM Hospitales en Galicia ofrece un novo tratamento con vapor de auga que permite preservar a función sexual no 95% dos pacientes. O Dr. Daniel López pide á cidadanía que non descoide a prevención nin o seguimento das súas consultas na nova normalidade.


O Servizo de Uroloxía de HM Hospitales en Galicia está a levar a cabo con gran éxito un tratamento pioneiro para a hiperplasia benigna de próstata, unha patoloxía que afecta a uns 300.000 galegos, aínda que o Dr. Daniel López, urólogo do hospital HM Modelo, advirte que esa cifra afecta a quen presenta síntomas e a cifra real sería mesmo superior. A hiperplasia é o crecemento natural da próstata pero, en ocasións, este crecemento causa problemas e é cando require intervención.

O Servizo de Uroloxía de HM Hospitales en Galicia ofrece un tratamento endoscópico con vapor de auga que realiza a Dra. Nuria Villar e que é ambulatorio. A técnica consiste en localizar a próstata, facer unha estimación das súas dimensións co propio dispositivo con que se aplica o tratamento e introducir vapor de auga na glándula prostática para lograr minguar o seu tamaño e mellorar a micción. “É unha melloría paulatina, empézase a notar aos poucos días e é máxima ao cabo dunhas semanas”, explica o Dr. López. É un tratamento novo que presenta grandes vantaxes, especialmente en pacientes novos, xa que “unha altísima porcentaxe, ao redor dun 95%, preservan a función sexual tras o tratamento, cousa que non se consegue coas demais técnicas dispoñibles”, engade o especialista.

Un servizo pioneiro

O Dr. Daniel López é un dos maiores expertos en cirurxía robótica e en Endouroloxía, dúas técnicas de cirurxía minimamente invasiva que, xunto coa cirurxía laparoscópica, son clave na Uroloxía actual. “O obxectivo no noso servizo é potenciar ao máximo a cirurxía minimamente invasiva que permite ofrecer mellores resultados con menor agresión, menos infeccións, ingresos máis curtos e requirindo menos tratamento analxésico ao producirse menos dor”, explica o urólogo.

En canto á cirurxía robótica, o doutor explica que “non é unha novidade e aí radica a súa maior vantaxe, xa que é agora cando presenta un elevado nivel de desenvolvemento que permite tratar máis patoloxías con abordaxes máis precisas”. Actualmente boa parte da actividade do seu servizo céntrase na cirurxía prostática e oncolóxica de tumores urolóxicos. Para iso o Servizo de Uroloxía traballa de maneira coordinada co Centro Integral Oncolóxico Clara Campal HM CIOCC Galicia, o que posibilita o seguimento de cada un dos casos en comités uro-oncolóxicos que se celebran con periodicidade semanal. Desta maneira, o paciente pode recibir unha valoración urolóxica e oncolóxica na mesma consulta, o que reduce molestias e diminúe o tempo para realizar un diagnóstico.

Manter os controis e o seguimento médico

Finalmente o Dr. Daniel López alerta aá poboación da necesidade de non descoidar a súa saúde tras a situación vivida nas últimas semanas. “A covid-19 foi unha gran desgraza pola propia enfermidade pero tamén polas consecuencias médicas que tivo para as demais patoloxías”, explica o especialista. “Nós estamos a utilizar un sistema de citación para preservar as distancias, todos traballamos coas medidas de protección individual e o risco de contaxio é mínimo. Ademais estamos a fomentar aínda máis as consultas non presenciais, que na nosa especialidade poden realizarse en moitas ocasións, tanto por vídeo como por teléfono, etc. e que permiten un seguimento do paciente moi necesario”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)