Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Fontenla traslada á CEOE os problemas económicos e laborais de Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 25 DE XUñO DE 2020 · (0)



O representante da Xunta de Vicepresidentes da CEG participou onte na mesa dos presidentes das patronais autonómicas da Cume Empresarial “Empresas españolas: liderando o futuro”, na que expuxo que estes problemas mesmo se acentuaron pola crise derivada da COVID-19.


Durante os últimos dez días, unha nutrida representación ao máis alto nivel do mundo empresarial español amosou a súa visión sobre a situación actual e sobre a estratexia de saída da crise provocada pola pandemia, a que, xunto ás exposicións dos presidentes das patronais das confederacións autonómicas, servirán para marcar una folla de ruta de actuación para trasladar ao Goberno.

Tras agradecer a organización das xornadas a Antonio Garamendi, presidente da Confederación Española de Organizacións Empresariais, e ter un recordo para as vítimas da pandemia e para os sanitarios que estiveron en primeira liña de batalla durante os últimos meses, Fontenla referiuse ao “grave problema de demografía que debe afrontar Galicia”, conxuntura compartida con outros territorios colindantes como Asturias e Castela e Léon. E é que a sangría demográfica –con máis de 30 anos de saldo vexetativo negativo– obriga a tomar medidas que eviten tanto o vaciado do rural como a diminución de poboación no conxunto do territorio.

Tamén se referiu a algunhas empresas cuxa continuidade periga, como é o caso de Alcoa –que representa o 40% da industria da provincia de Lugo–, na que, “se non hai marcha atrás, todo indica que nuns días se despedirá a máis de medio millar de traballadores e que se pechará porque aínda non se aprobou estatuto electrointensivo”; e á biofábrica de Ence, en Pontevedra, cun cadro de persoal fixo de 400 empregados aos que hai que sumar 2.700 postos de traballo de contratistas da área industrial, loxística e do transporte, así como 2.100 empregos máis do sector forestal galego. Segundo explicou, o inesperado cambio de criterio da Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar de renunciar á defensa da súa propia decisión de prorrogar a súa concesión, xunto coa repercusión da decisión de modificación do Regulamento Xeral de Costas, motivan esa preocupación. “Tamén nos atopamos co importante contratempo de que aínda non chegase o AVE á nosa comunidade, coa gravidade de que, como sabéis, o ano que vén celebramos o Xacobeo”, engadiu.

Por último, o representante da Xunta de Vicepresidentes da CEG agradeceu o fluxo de información continua por parte da Xunta de Galicia tanto coas organizacións empresariais como sindicais sobre a situación durante a pandemia e as medidas postas en marcha durante o estado de alarma. Así, se referiu a que “foi moi importante para os nosos autónomose pemes que, cando aínda estaban empezando os créditos do ICO, o executivo autonómico habilitase unha liña de préstamos ponte por valor de 250 millóns de euros a catro anos e con xuro cero”, e á “liña de avais posta en marcha para o cobro do anticipo de 1.500 euros para os traballadores cun ERTE autorizado que non cobraran as prestacións do Goberno central”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)