Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A post-pandemia e o novo liderado



REDACCIÓN · PUBLICADO O 25 DE XUñO DE 2020 · (0)



Opinno con Thinking Heads e Weber Shandwick, reuniu nunha nova edición da #OpinnoTalks a seis mulleres líderes en diferentes sectores para descubrir qué aprendemos no confinamento, e como aplicalo nun “liderado complementario” onde prime empatía, humildade, innovación e resiliencia.


 “A crise confirma a existencia dun liderado exitoso e máis que necesario,non só no ámbito público, senón tamén no ámbito empresarial, que é o liderado feminino. Que non é exclusivo da muller e que ademais non é nin mellor nin peor que o liderado masculino. É simplemente complementario”, dixo onte no webinar a directora da área de Muller e Sustentabilidade do Consello Mundial Empresarial para o Desenvolvemento Sostible, Gabriela Uriarte.

Para Alice Fauveau,  CEO de Focus On Women -unha axencia de viaxes que mostra os países de destino a través dos ollos das mulleres locais-,  “a crise lembra que hai que priorizar e que a familia é unha das cousas máis importantes. A nivel empresarial temos que cambiar por completo as prioridades pensar nos traballadores. Hai que ser flexibles, estamos nunha época completamente distinta, temos que cambiar como establecemos os obxectivos e o rendemento”.

Rose de la Pascua, CEO de Weber Shandwick España e Vicepresidenta Executiva de  Weber Shandwick Europa, sinalou que “a crise amosou que cando falla a comunicación nunha organización, especialmente cando se trata do líder, prodúcese desmotivación, frustración e no plano externo, pérdese reputación e valor bolsista. Vivimos foi un grotesco experimento social que tamén deixou cousas boas, como saber que os empregados deben sentir que son importantes para o líder”.

Novos valores

No webinar destacáronse humanidade, empatía, agarimo cara aos empregados e tamén cara aos clientes. Celia González, Managing Director de Montblanc Iberia sinalou que “a pesar da distancia as ferramentas dixitais permitíronnos ir máis aló”. Para ela o liderado é unha aprendizaxe acompañada, non é unha imposición: “os equipos deben entender o que queres, estar en comunicación permanente e hai que ser tolerante. Todos somos persoas, temos familias. Estivemos na casa e adaptámonos”. 

Edelmira Barrera, directora de Consultoría de Thinking Heads destacou o avance do capitalismo consciente “que se expresou a través de diferentes correntes de solidariedade, moi en primeira persoa no caso empresarial, poñendo valores e conviccións persoais ao servizo do ben común”. Mercedes Wullich, Fundadora de "Top 100 Mujeres Líderes", sinalou que “temos que estar máis atentos, ter a mirada máis ampla, máis diversa, mirar o mundo dunha maneira diferente, porque non vai volver a ser igual, ten que volvernos mellores e facilitar unha redistribución que axude a que as cousas se fagan dunha maneira diferente”.

Dixital by default

Sobre o teletraballo, as relatoras coincidiron en que “require conciliación familiar e xestión de equipos e persoas e o mal xestor de persoas no dixital tamén o será, probablemente no presencial”. Blanca Gómez, Chief People Officer en Opinno destacou que a pandemia axudou a coñecernos mellor e descubrir cousas que non nos esperabamos. Tamén estivemos máis informados que nunca e temos a certeza de que é imposible controlar todo o que pasa ao noso ao redor. E demostrounos que se pode traballar en remoto e pódese liderar ben, “queda moito por aprender e de que debemos coller as rendas da nosa propia aprendizaxe”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)