Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Zona Franca merca o antigo centro de informática de Caixanova



REDACCIÓN · PUBLICADO O 26 DE XUñO DE 2020 · (0)



A propiedade consta de catro edificios entre as rúas López Mora, Tomás Alonso e Arquitecto Pérez Bellas nunha parcela duns 8.500 m2, polos que pagará 12.277.145 euros. A idea é facer un gran complexo pensando nas novas necesidades da economía cunha especial atención á I+D+i, ás novas tecnoloxías e en estreita colaboración coa Universidade.


Nunha tarde de sesións sucesivas telemáticas onte celebráronse en Zona Franca aas xuntanzas dos máximos órganos de dirección e xestión, o Pleno e o Comité Executivo. Presidido o primeiro polo alcalde, Abel Caballero, e o segundo polo Delegado, David  Regades, aprobouse a compra do edificio. Ademais da repercusión no impulso económico, os máximos responsables de Zona Franca consideraron que supoñerá tamén un activo dinamizador da contorna urbana nunha parcela que leva anos sen actividade.

Quedou pechado así un proceso para a adquisición de inmobles en Vigo que se abriu mediante licitación pública o pasado xullo de 2019 en dous diferentes lotes, un deles polo que se buscaba un inmoble dentro do Casco Vello da cidade, quedou deserto, e estoutro ao que se presentaron tres ofertas das que a única admitida foi a presentada por Abanca sobre a que se solicitou aos Servizos Técnicos do Ministerio de Facenda un informe-taxación destes inmobles.

Este informe foi emitido con data 24 de febreiro  do 2020 pola Unidade Técnica da Delegación de Economía e Facenda de Galicia do Ministerio de Facenda sobre o que se estableceu a cantidade mencionada. Cabe sinalar que noutro emitido polo director de Servizos Técnicos e Obras do Consorcio, valorouse a rehabilitación dos catro inmobles en 9.892.835 euros sen contar os equipamentos. Este documento definiu unha superficie alquilable de 12.362 metros cadrados e a posibilidade de habilitar 122 prazas de aparcamento e sobre este esquema realizouse un estudo de viabilidade económico-financeira.

Durante a sesión plenaria, Regades tamén avanzou as novas estratexias nas que se está traballando en Zona Franca para impulsar a reactivación económica post- Covid que requiren un aumento do investimento public.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)