Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Capsa Food gaña na categoría Empresa nos Premios Europeos da Prevención de Residuos 2019



REDACCIÓN · PUBLICADO O 26 DE XUñO DE 2020 · (0)



O galardón, promovido pola Comisión Europea e o Comité de Rexións, recíbeno polo proxecto “Actúa diferente. RE- Think”, con notables resultados polo cambio de hábitos realizados en toda a cadea de valor. Durante 2019 reduciron os seus residuos nun 30% e, ademais, ao 95% dos xerados deulles unha segunda vida.


Para logralo implanto varias medidas na liña da prevención na xeración de residuos en orixe, reutilización, reparación, separación óptima para a correcta reciclaxe dos materiais, e a procura de técnicas de reciclaxe máis eficientes. Foi posible facelo co traballo en equipo e a sensibilización, moi especialmente dos seus empregados.

O proxecto promove a chamda economía circular nun traballo que implicou non só aos empregados senón tamén a provedores, clientes e consumidores. “Recibir este premio supón un gran recoñecemento, pois foron máis de 16.500 as accións desenvolvidas por parte de empresas, organismos públicos, Ong, colexios e cidadáns na Semana da Prevención de Residuos levada a cabo en novembro de 2019”, explican dende a corporación que reúne baixo o mesmo teito a Central Lechera Asturiana, Larsa, ATO, Vega de Oro, Asana e Innova  Food  Ingredients.

A actual líder do mercado lácteo español conta con 6 centros de produción por toda España dando emprego directo a máis de 1300 persoas con internacional en máis de 40  paises. Non hai un ano que estreábase en Outeiro de Rei (Lugo) a nova factoría de Larsa (na imaxe de apertura). A compañía investiu máis de 25 millóns de euros nas fábricas de Lugo e  Vilagarcía de Arousa, 17 millóns para a lucense. Entre ambas  suman 250 empregos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)