Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Máis de 2.500 pemes e autónomos de Coruña e Lugo acudiron a pedir cartos a Afigal



REDACCIÓN · PUBLICADO O 26 DE XUñO DE 2020 · (0)



Nunha contorna económica atípica a sociedade de garantía recíproca informa que, desde o 1 de abril de 2020, data na que entrou en funcionamento a Liña extraordinaria de liquidez COVID-19 posta en marcha pola Xunta, multiplicáronse practicamente por catro as peticións recibidas durante todo o ano anterior.


Os datos comunicáronse na Xunta Xeral Ordinaria de onte co aprobación das contas anuais de AFIGAL de 2019 onde Antonio Couceiro, presidente de AFIGAL e recentemente reelixido presidente de  CESGAR (agrupa ás 18 SGR españolas), asegurou que “as pemes necesítannos máis que nunca e o papel de AFIGAL é fundamental para minimizar o severo golpe que supuxo esta pandemia para a economía de empresas e autónomos, que viron freada ou retardada a súa actividade”.

Os esforzos para inxectar liquidez ao tecido empresarial do norte de Galicia quedan patentes no crecemento da actividade da  SGR durante o primeiro semestre de 2020, período no que formalizou operacións por valor de máis de 60 millóns de euros, o que supón un incremento de máis do 100% sobre o mesmo período do ano anterior. Ademais, creceu un 9% o número de empresas socias alcanzando xa as 12.260.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)