Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Á cola de Europa en flexibilidade laboral



REDACCIÓN · PUBLICADO O 29 DE XUñO DE 2020 · (0)



Só o 68% dos traballadores en España pode modificar o seu horario para conciliar. No caso das mulleres, as que dispoñen de flexibilidade no noso país caen asta o 64,4%. Dúas de cada tres empresas españolas esperan que os seus empregados estean dispoñibles fóra do horario laboral.


Un informe levado a cabo por Randstad sobre como os traballadores puideron conciliar a súa vida familiar como consecuencia da crisie do coronavirus revela que a porcentaxe española de profesionais que tiveron a posibilidade de modificar a súa xornada laboral para poder conciliar de maneira óptima as súas obrigacións laborais e familiares está cinco puntos porcentuais por debaixo do conxunto de todos os países nos que se realizou a enquisa (73%).

Así, España atópasá cola de Europa neste aspecto, rexistrando unicamente Portugal unha porcentaxe máis baixa (67%). Esta flexibilidade permítese máis en Italia (69%), Países Baixos (71%), Reino Unido, Francia (73%) e Alemaña (76%). E no mundo, os países nos que máis se permite modificar os horarios son India (88%), China (84%) e Arxentina (81%).

O estudo destaca ademais que, durante esta crise, só o 64,4% das mulleres traballadoras no noso país teñen flexibilidade de horario para poder conciliar a súa vida laboral e familiar, mentres que entre os homes esta porcentaxe é do 72,2%, unha diferenza de 7,8 puntos porcentuais. Tamén se perciben notables diferenzas en canto á idade dos profesionais. Os que contan con menos de 25 anos son os que máis problemas teñen para variar as súas xornadas laborais, xa que só é posible entre o 51,5% destes traballadores. Entre os que teñen entre 25 e 45 anos é posible esta medida de flexibilidade entre o 68% dos empregados, mentres que nos maiores de 45 esta porcentaxe sube ao 71,8%.

O informe detecta que a flexibilidade de horarios tamén depende do nivel formativo. O 70,3% dos profesionais con estudos superiores gozan desta medida de conciliación, mentres que esta porcentaxe é do 65,5% entre os que contan con formación secundaria, e de apenas o 60% nos que dispoñen de educación primaria.

“A crise do coronavirus obrigou a moitas empresas a tomar a marchas forzadas medidas destinadas a permitir o traballo en remoto, sendo o teletraballo a ferramenta máis estendida e a que en maior medida evitou un parón en seco da economía. Pero gran parte das compañías adoptaron estas medidas por primeira vez, polo que aspectos como a conciliación e a flexibilidade non se cumpriron de maneira tan satisfactoria como noutros países con maior tradición. Cabe esperar que este modo de teletraballar se vaia perfeccionando co tempo, xa que é unha ferramenta que se vai implantar, en maior ou menor medida, na inmensa maioría das empresas”, asevera Valentín Bote, director de Randstad Research.

Estar sempre dispoñibles

Outro dos aspectos fundamentais para conciliar durante a crise da COVID-19 foi a dispoñibilidade que as empresas consideran que teñen os empregados. O noso país tampouco foi ben parado, xa que o 64% das empresas españolas espera que os traballadores estean dispoñibles máis alá do seu horario laboral, tres puntos porcentuais por riba da media internacional (61%), o que redunda negativamente nas posibilidades de conciliación. O noso país é ademais o segundo de toda Europa no que os empregadores menos teñen en conta os límites da xornada laboral, só por diante de Portugal (72%), e menos que Italia (60%), Francia (59%), Alemaña ou Reino Unido (ambos 53%).

En canto a ferramentas relacionadas co traballo en remoto, unha das máis utilizadas polos responsables para coordinarse cos seus equipos foron as reunións virtuais a través de videoconferencia. España é o país europeo no que máis se utilizou esta tecnoloxía, xa que foi empregada polo 65% dos traballadores, máis que Francia (64%), Italia (63%), Países Baixos, Alemaña (os dous co 63%), Reino Unido (62%) e Portugal (59%).

A pesar deses problemas para conciliar, o 80% dos traballadores españois considera que se adaptaron de maneira satisfactoria aos cambios na súa contorna laboral provocados pola pandemia. Aínda que se trata dunha porcentaxe elevada, é a segundo máis baixa de Europa, só por diante de Italia, que se sitúa á cola co 70%. España atópase por detrás da media global (83%), e de países como Portugal (82%), Alemaña (84%), Estados Unidos (85%), Francia (88%), China (89%) ou India (91%), que lidera a clasificación.

Ademais, o 71% dos profesionais do noso país son da opinión de que a súa empresa está preocupándose e tomando medidas para garantir a seguridade dos seus traballadores durante a pandemia. Unha percepción catro puntos porcentuais menor á da media mundial (75%), e que de novo volve ser a segunda peor de Europa, por diante unicamente de Italia (71%). Unha lista que lidera China (90%), India (87%) e Australia (82%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)