Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A CEC analiza mañá o impacto da COVID-19 nas pemes galegas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE XUñO DE 2020 · (0)



A patronal coruñesa celebrará a partir das 17.00 horas un webinar en colaboración coa consultora de estratexia empresarial Tactio, no que se falará sobre a situación do tecido empresarial galego antes e despois da pandemia.


Cales son as demandas e necesidades das pemes galegas e as do resto de España? ¿Seguen tendo as mesmas preocupacións despois do coronavirus? Estas e outras preguntas relevantes formarán o eixo principal deste webinar (seminario online) organizado pola Confederación de Empresarios da Coruña en colaboración con Tactio.

Na xornada, que leva por título “Pemes galegas: antes e despois da COVID-19” e será presentada polo presidente da patronal coruñesa, Antonio Fontenla Ramil, analizarase as preocupacións, demandas e perspectivas de futuro das empresas da nosa contorna. Así mesmo, durante a sesión, se procederá á presentación do Tactiómetro 2020, un estudo realizado pola consultora no que se analizan as preocupacións e demandas das pequenas e medianas empresas.

Os interesados en asistir a este encontro online deben formalizar a súa inscrición na seguinte dirección informática: https://register.gotowebinar.com/register/6892479262013679628?source=web.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)