Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 74,6% dos mozos españois prefire estudar a carreira que máis lle gusta sen mirar as saídas profesionais



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE XUñO DE 2020 · (0)



Fronte a un 20,4% que elixiría a carreira pensando nas portas laborais teóricas que lle abriría. E só un escasísimo 1,1% seguiría as recomendacións dos pais. Ao 38,1% gustaríalles crear a súa propia empresa (hai máis homes nesta opción), ao 32,8% traballar no sector privado e o 29% ser funcionarios (máis mulleres escollen esta última).


A gran maioría (82,4%) considera que a súa xeración está mellor preparada, de feito, que a dos proxenitores. Os factores que consideran máis importantes á hora de atopar emprego son: as gañas de traballar (37,1%), a experiencia (23%), un bo expediente (16,4%), nivel de idiomas (16,1%), ter contactos (5,5%) e a sorte (2%). E para mellorar profesionalmente, o 73,2% afirma que estarían dispostos a marcharse ao estranxeiro. Este dato foi decrecendo, en 2017 era o 79,3%.

Os países preferidos para saír fóra de España son Estados Unidos, Alemaña e Reino Unido. Así despréndese do VI Informe Young Business Talents de preuniversitarios españois, levado a cabo por ABANCA, ESIC Business  and Marketing School,  Herbalife  Nutrition e Praxis MMT.  Tanto homes (73,1%) como mulleres (76,1%) elixirían a carreira acorde aos seus gustos.

Seguindo coa elección dos estudos entre os mozos, o 65,9% afirma que xa ten decidida a titulación que vai estudar, fronte ao 30,3% que aínda non o sabe. Desta forma, ao 56,3% gustaríalles estudar unha carreira de Ciencias Sociais e Xurídicas, o 12,9% opta polas Artes e Humanidades, o 9,4% a rama das Ciencias da Saúde e un 8,4% elixiría Enxeñería ou Arquitectura. E a gran maioría (82,4%) considera que a súa xeración está mellor preparada que a dos seus pais.

Teñen espírito emprendedor

Ao 38,1% gustaríalles crear a súa propia empresa nun futuro, fronte ao 32,8% que lles gustaría traballar para o sector privado e ao 29,1% que se inclinan por ser funcionarios. Estes datos mostran un lixeiro repunte na vocación emprendedora dos mozos españois respecto a 2018 que foi do 36,5%. Se se aborda a elección do tipo de traballo desde unha perspectiva de xénero, aos homes (42,2%) gustaríalles máis converterse en emprendedores que ás mulleres (33,8%). En cambio, ás mulleres atráelles máis un emprego público (32,8%) que aos homes (25,5%).

As diferenzas entre as distintas rexións do país son significativas. Os mozos con maior espírito emprendedor atópanse nas Canarias (48,5%) e  os mozos de Andalucía (36,2%) son os que mostran maior preferencia por converterse en funcionarios. Entre os mozos que queren emprender, a principal motivación para iso é facer realidade unha idea emprendedora (47,7%), seguido de ser o seu propio xefe (25,9%) e para gañar máis diñeiro (16,3%). Levar a cabo unha idea emprendedora ten maior importancia entre as mulleres (5%) en cambio, aos homes (20,1%) impórtalles máis gañar diñeiro que ás mulleres (10,8%).

Como novidade no informe deste ano, o 44,6% afirma que traballarían sen cobrar a cambio da formación e experiencia, un 32% aceptaría se recibise unha pequena axuda para o transporte e as dietas.

Tamén vése que os mozos cada ano son máis pesimistas. O 34,5% cre que a situación futura do emprego xuvenil será peor no próximos cinco anos, mentres que outro 34,4% pensa que será mellor e un 31% considera que a situación será igual. No últimos tres anos, a perspectiva dos mozos cambiou, xa que en 2017 era o 47,1% dos mozos os que pensaban que a situación sería mellor nos próximos anos. En cuestión de xénero, os homes (38%) son máis optimistas que as mulleres (31%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)