Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A Unión Europea escolle o proxecto sobre dieta atlántica Galiat 6+7 como caso de éxito



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE XUñO DE 2020 · (0)



Seis empresas e sete grupos científicos impulsaron este proxecto para demostrar os beneficios saudables de produtos do mar e da horta galega, que o Programa Interreg Atlantic Area 2014-2020 elixiu por aplicar un modelo de xestión de cooperación cuádrupla. Reuniu industria, autoridades públicas, investigación e cidadanía.


Galiat 6+7 partiu do grupo de Viticultura de Misión Biolóxica de Galicia-CSIC. Unha alianza de 6 empresas e 7 grupos científicos que, con 21 meses de duración no período 2013-2014, incluíu un ensaio clínico no que participaron 250 familias galegas.

Os investigadores chegaron á conclusión que os alimentos seleccionados son beneficiosos en patoloxías relacionadas cos riscos cardiovasculares e a obesidade, que se detectan a idades cada vez máis temperás debido ao cambio nos estilos de vida e alimentación. Adegas Terras Gauda, A  Rosaleira, Quescrem, Pazo de RivasFriscos e Olei son as seis empresas impulsora.

“Uns obxectivos que, entre todos os que impulsamos  Galiat 6+7, logramos, tal e como demostra este relevante recoñecemento por parte da UE”, sostén a directora científica do proxecto, Carmen Martínez, directora do Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia. No mesmo sentido maniféstase a Mar Calvo, do Hospital Clínico Universitario, quen dirixiu o ensaio clínico: “Trátase dun recoñecemento moi importante ao noso modelo de xestión, baseado na transparencia, algo que axudou a xerar confianza. Ademais só foron seleccionados oito proxectos europeos realizados entre 2014 e 2020”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)