Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Naturgy estuda novos investimentos asociados ao peche de Meirama



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE XULLO DE 2020 · (0)



O impulso á xeración renovable, con varios parques eólicos en estudo no emprazamento da central, un centro de gas renovable e o fomento da formación e inserción laboral no sector enerxético son os eixos principaos do plan da compañía.


En concreto, a enerxética traballa no desenvolvemento de dous parques eólicos, de 70 MW en total, na contorna da central de Meirama, avanou no estudo de viabilidade para a construción dun centro de gas renovable, que podería implicar o investimento de ata 20 millóns de euros adicionais e analiza, xunto coas administracións, outras posibilidades para impulsar a atracción de investimento, novas empresas e proxectos á contorna da central. Así mesmo, Naturgy está impulsando proxectos asociados á mobilidade sostible, o gas renovable e ultimando diferentes acordos da Fundación Naturgy co Goberno galego para fomentar a formación e inserción laboral no sector enerxético.

Francisco Reynés, presidente de Naturgy, afirmou que “este plan está intimamente ligado á aposta da compañía pola transición enerxética impulsada polas diferentes administracións, e forma parte do compromiso de Naturgy coa sostibilidade e a necesaria transición cara un modelo enerxético e económico máis limpo e eficiente. Neste sentido, a compañía redobrou os seus esforzos en ESG e fixouse como compromiso ineludible a redución do 21% das súas emisións de CO2 no horizonte 2022”.

Naturgy presentaba a finais de 2018 a solicitude de peche de todas as súas centrais de carbón en España dentro de esta estratexia de aposta pola transición enerxética e a xeración renovable. O peche destas plantas enmárcase dentro dun novo contexto regulatorio medioambientalmente máis esixente e eficiente. Por tanto, a decisión está en liña cos obxectivos da política regulatoria europea e española para avanzar cara a descarbonización do sistema.

Aposta por Galicia

Adicionalmente, a compañía está ultimando outras propostas concretas para a zona, co obxectivo de promover o desenvolvemento económico en Galicia. Desta forma, a compañía conta cunha carteira de proxectos de xeración renovable de 850 MW eólicos. Neste sentido, Pedro Larrea, director xeral de Xestión da Enerxía e Redes, concreta “a proposta de investimento sobre a que estamos traballando no plan asociado ao peche de Meirama demostra o noso compromiso indiscutible con Galicia, o convencemento de que Naturgy pode e debe contribuír ao desenvolvemento económico da rexión e, en concreto, da comarca de Meirama, así como ser catalizador para atraer novos investimentos”.

A empresa implementou un plan para a totalidade de empregados da central que contempla solucións consensuadas, ben mediante a súa continuidade nos traballos de desmantelamento ou reubicación noutras unidades da compañía, ou ben mediante saídas pactadas. No referido aos empregados das empresas auxiliares, Naturgy fará o posible por favorecer a súa contratación para acometer os traballos de peche e desmantelamento da planta, así como para o desenvolvemento do plan alternativo. En definitiva, o traballo de desmantelamento da central supón un incremento neto no emprego na contorna de Meirama durante os próximos dous anos, en tanto os proxectos de desenvolvemento económico e industrial acadan a súa madurez.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)