Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Récord de participación no X Túnel do Viño Rías Baixas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE XULLO DE 2020 · (0)



Estará aberto ata o sábado 1 de agosto no Salón José Pena cambadés e hai 178 marcas de  63 adegas. Para un maior control sobre o número de visitantes as persoas interesadas deberán realizar un  pre-rexistro na web do Consello Regulador (www.doriasbaixas.com) facilitando datos de contacto. 


Das 80 referencias 100 serán da Anada 2019; 56 de anadas entre 2018 e 2009, ás que se suman 13 Rías Baixas espumosos e 9 tintos desta denominación. Alfonso Rueda, vicepresidente en funcións da Xunta, agradeceu ao Consello Regulador “o esforzo por manter este Túnel do Viño dentro destas circunstancias tan especiais que estamos a vivir, xa que era unha actividade que non deberíase perder”. 

O vicepresidente do Consello Regulador, Julio Reboredo e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, inauguraron esta mañá tamén a XXXII Cata Concurso Rías Baixas Albariño 2019 con Cata Prima no Parador de Cambados. Abal indicou que “a pesares dás circunstancias, este  é un acto que queriamos celebrar dada a importancia que ten ou sector na nosa zona”. É por iso que a rexedora animou a veciños e visitantes a “ vir catar tendo a  seguridade e a tranquilidade de que se van cumprir as medidas sanitarias en canto a control de aforo, distanciamento social, hixiene de mans...O aforo no Salón José Pena está limitado a 65 asistentes e establécense catro sesións.

Os días 30 e 31 de xullo os horarios de apertura serán: pola mañá, de 11.00 a 12.45 horas e de 13.15 a 15.00 horas, e pola tarde, de 18.00 a 19.30 horas e de 20.00 a 21.30 horas. A xornada do 1 de agosto contará só con sesións matutinas, de 11.00 a 12.45 horas e de 13.15 a 15.00 horas. Establécese media hora de marxe entre sesións para desinfectar e limpar o salón. Unha vez acudan ao recinto, poderán abonar a entrada, de 15 euros.  Esta mañá tamén comezou a XXXII Cata Concurso Rías Baixas Albariño. Da sesión de hoxe escolleranse 12 ou 14 viños que pasarán á fase final. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)