Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

España, dos países co maior dano emocional de Europa pola xestión da Covid



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE XULLO DE 2020 · (0)



O tremendo confinamento, o impacto económico, e as incertezas pesan moito sobre o estado de ánimo. Antes de todo esto un 60% dos enquisados en España definía a súa saúde mental como "boa" ou "moi boa", porcentaxe que se reduciu ata o 20%.


O 14% está a utilizar ou utilizou axuda profesional para afrontar os problemas e un 86% botou de menos o contacto físico máis aló do núcleo familiar. E só un 7% dos maiores de 65 anos di atoparse "ben", fronte ao 33% que sente mal ou moi mal. “As situacións de duelo, o medo, a tensión ou a angustia son aspectos que non podemos deixar pasar por alto porque terán un efecto directo sobre a saúde”, di o director xeral da Fundación AXA, Josep Alfonso.

Un 34% dos cidadáns define o seu estado de ánimo como "malo" ou "moi malo", lonxe do 8% que estaba na mesma situación antes da covid-19 segundo o avance de resultados do 'Estudo Paneuropeo  AXA sobre Saúde Mental'. O panel, que darase coñecer en profundidade en outubro, analizou aspectos como os hábitos adquiridos durante o confinamento, o impacto emocional da crise económica ou as valoracións das relacións sociais, sanitarias e institucións.

Do mesmo xeito, o traballo puxo de manifesto que un 44% dos enquisados recoñece ter "problemas emocionais" concretos durante o confinamento e un 18% cualifícaos como "serios". Entre o catálogo destácase a tristeza, depresión e ansiedade no máis do 50% dos casos, mentres que as crises de parella e os ataques de pánico cun 14% e 9% respectivamente pechan o top 3 de problemas emocionais. A dureza da normativa de uso de máscaras, que aílla a xente e non ten parangón en Europa non é tampouco menor, además do esgotamento físico ao forzar a respiración.

Aumentan os niveis de tensión

En paralelo, o 78% os enquisados en España afirma que os seus niveis de tensións incrementáronse e un 41% que chegou a perder o control das súas vidas, tendencia agudizada nas persoas que senten peor. Preguntados sobre a saúde económica, o 48% dos españois afirma que a súa situación financeira empeorou, unha porcentaxe que sobe ao 61% no caso de persoas que se atopan mal ou moi mal emocionalmente. E oito de cada dez di que valorou solicitar axuda profesional.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)