Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

97 candidatos aspiran aos Premios Galicia Alimentación na súa VI edición



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE SETEMBRO DE 2020 · (0)



Trátase dunha cifra récord na historia deste galardón que busca recoñecer e visibilizar as mellores prácticas de emprendemento, cooperación, innovación, sostibilidade, marketing e internacionalización do sector en Galicia. O xurado reuniuse o venres para elixir aos gañadores deste ano.


A primeira das categorías, o Premio Galicia Alimentación ao produto innovador, recoñece aqueles novos artigos caracterizados pola súa innovación, potencial comercial, deseño, posibilidade de agregar valor aos produtos galegos e adaptación ás demandas do consumidor, con especial atención á relación entre nutrición e saúde. Esta foi a categoría que máis candidaturas recibió, 51.

O Premio Galicia Alimentación ao proxecto empresarial ou institucional destaca aqueles proxectos que se caractericen pola súa innovación na organización, produción e/ou modelo de negocio; que desenvolva produtos ou servizos innovadores no ámbito da cadea de valor dos alimentos e bebidas, incluíndo o desenvolvemento tecnolóxico cara a fábrica do futuro 4.0 e cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), ou sobresaia polo seu carácter emprendedor e cooperativo, e a súa visión estratéxica. Nesta categoría hai 34 candidaturas este ano.

Por último, o Premio Galicia Alimentación á estratexia de mercado e internacionalización galardona o esforzo por acceder, desenvolver e consolidar unha posición no mercado nacional e internacional. Neste caso son 12 as candidaturas recibidas.

Integran o xurado representantes de Clusaga e de Anfaco Cecopesca, como socio do Clúster Alimentario de Galicia, así como da Administración con presenza das consellerías de Economía, Emprego e Industria, e do Medio Rural e do Mar; das tres universidades públicas galegas, e dos patrocinadores ouro e prata dos premios deste ano: Caixa Rural Galega, Gadis, Vegalsa Eroski e Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. En concreto os miembros do xurado son:

  • Juan José De la Cerda López- Baspino, en representación do Clúster Alimentario de Galicia.
  • Ignacio Losada Cardoso, en representación do Clúster Alimentario de Galicia.
  • Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa, en representación de Anfaco-Cecopesca.
  • José Manuel Fernández García, en representación da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
  • Isabel Concheiro Rodríguez, en representación da Consellería do Mar.
  • María José González González, en representación da Consellería do Medio Rural.
  • Gumersindo Feijoo Costa, en representación da Universidade de Santiago de Compostela.
  • José Andrés Faíña Medín, en representación da Universidade da Coruña.
  • María Belén Rubio Armesto, en representación da Universidade de Vigo.
  • Manuel Varela López, en representación de Caixa Rural Galega (patrocinador ouro).
  • Jorge Eiroa López, en representación de Vegalsa Eroski (patrocinador ouro).
  • Diego Pérez Mira, en representación de Gadis (patrocinador ouro).
  • Ricardo José Durán Rodríguez, en representación da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia (patrocinador prata).

Na última edición dos Premios Galicia Alimentación –na imaxe, a gala de entrega de galardóns–, as entidades gañadoras foron: Freschut, na categoría produto innovador pola súa gama de produtos untable vexetal de olivada e untable de sobrasada vegana da marca Galifresh; Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) na categoría proxecto empresarial polo seu modelo de integración baseado nun triple compromiso: responsabilidade, innovación e calidade, e Nueva Pescanova na categoría estratexia de mercado e internacionalización polo seu documental e campaña “A cidade que naceu do mar”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)