Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As mudanzas nesta vendima



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE SETEMBRO DE 2020 · (0)



O 26 de agosto comezaba na Ribeira Sacra ao anunciar a adega Ronsel do Sil que iniciaba os traballos. Pero o inicio recomendado é nestes días, a mediados de setembro. Segundo o Presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, seguirán facendo as tarefas de control pero de xeito menos presencial “con máis control en viña e menos visitas a adega”.


O comezo é bo malias as chuviasde agosto: “nalgúns puntos houbo un comezo de botrite pero ao chegar o bo tempo rapidamente estabilizouse”. O ano pasado tiveron unha vendima de record con máis de 7.000.000 de quilos de uva e este ano esperan estar un pouco por baixo dun ano normal. “Pero unha boa vendima”. En canto aos protocolos de traballo siguen os que recollen as directrices da Xunta. “E a partir de aí Consello, adegas, vendimadores… teñen que elaborar cada un para a súa empresa e realidade".

En canto aos prezos “ adegas máis grandes dixeron que ían manter o prezo do ano pasado e manter a recollida aos seus clientes; así que pagarase entre 1,10 €/quilo 1,30 €/quilo dependendo das zonas e das calidades”. Malia a suspensión de Feiras do Viño e de exposicións e de feiras afirman dende a denominación galega que “nos repercutiu nin mellor nin peor que a outras Denominacións. Esta é a realidade que vivimos. E en canto ás vendas cada adega ten a súa realidade ao ter mercados diferentes, algunhas exportan, outras non. Houbo xente cos mercados máis abertos e outros menos. As adegas grandes teñen máis espazos abertos, con máis posibilidades que en alimentación. Outras adegas que están principalmente na canle HORECA pásano un pouco peor porque teñen menos saídas”.

Nun ano tan complicado só se pensa na vendima. “Isto é ao que temos que atender agora; é coma se fose un parto e hai que concentrarse neste parto. Despois pensarase no que haxa que pensar”, afirma José Manuel Rodríguez. “ O traballo non espera. Agora concentrados nunha vendima para a que esperamos tempo seco e noites frescas”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)