Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O prezo da vivenda acumula unha caída próxima ao 5%



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE SETEMBRO DE 2020 · (0)



Está a resistir mellor no mercado a obra nova polo financiamento que ofrecen promotores e bancos. As vivendas máis buscadas, e o mellor investimento nestes momentos, son pisos baixos con xardín, áticos con terraza e pisos e casas en pobos próximos ás cidades.


Á caída do 3% do primeiro trimestre, habería que sumar unha baixada do 0,9% en xullo e do 1% en agosto. Son datos do consultor inmobiliario Eduardo Molet, que apunta  que “isto tendo en cuenta que a crise comezou co primeiro trimestre practicamente pechado”. Con todo, Molet opina que o impacto real empezaremos a velo ao finalizar setembro. “Será no último trimestre do ano cando comecemos a ver a magnitude do desastre”. 

Antes non parece posible porque os prezos dos pisos soben ou baixan lentamente ao longo do tempo, así que haberá que deixar pasar uns meses para poder coñecer o impacto real.

Comprar ou non?

É recomendable comprar agora ou é mellor esperar a que pase? Responder a esta pregunta non é sinxelo, porque se han de ter en conta moitos factores que, en circunstancias normais, non teñen tanto peso. “Non podemos ignorar que hai persoas que, por diversas causas, non poden aprazar a venda ou a compra, explica Molet. Así que nestes casos, o mellor é ter en conta certos criterios para realizar a mellor operación posible. O consultor cre que un dos mellores produtos para comprar agora son as vivendas de obra nova, xa que adoitan contar con financiamento, un factor decisivo en moitas ocasións. “Os promotores e os bancos ofrecen unhas condicións de financiamento imbatibles. É por iso que a obra nova está a venderse máis e mellor en plena pandemia”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)