Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

2,3 millóns de españois estudan e traballan



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE SETEMBRO DE 2020 · (0)



Trátase dun descenso do 9% respecto ao ano pasado, o que se traduce en 221.600 ocupados menos, a terceira caída máis pronunciada dende 2005, só superada polas cifras de 2014 (-11,9%) e 2009 (-9,4%). Ademais, só o 12% dos traballadores se está formando, unha das taxas máis baixas dos últimos anos.


Un estudo levado a cabo por Randstad destaca que, actualmente, 2.264.100 traballadores estudan para ampliar os seus coñecementos, unha cifra un 8,9% inferior á de hai un ano, cando foron 2.485.700. Analizando a serie histórica constátase que en 2008 se acadou a cifra máis alta de ocupados estudantes, 2.872.600, momento no que se experimentou unha tendencia de descenso ata rexistrar en 2016 o volume máis baixo, 2.063.600 traballadores. Dende entón, este indicador do mercado laboral medrou de maneira significativa, un 20,5% ata 2019, para caer neste último ano un 8,9%.

Segundo o estudo, dos 18,6 millóns de ocupados que hai no noso país, só o 12,1% estudan ademais de traballar, unha porcentaxe cinco décimas inferior á rexistrada o pasado ano (12,6%). O peso dos ocupados que estudan con respecto ao total de ocupados oscilou dende 2005 entre o 14,3% e o 11,3%, sendo a porcentaxe acadada en 2020 a terceira máis baixa e nove décimas inferior á media do estudo (13%).

“O desplome dos profesionais que ademais de traballar estudan é sen dúbida unha mala noticia. Se ben esta caída está influenciada polo crecemento do desemprego, é bastante acusada, polo que temos que alertar sobre a idoneidad da formación, especialmente na actual situación de incerteza. A irrupción definitiva de tecnoloxías análogas ao traballo en remoto fai máis necesario que nunca que os profesionais non deixen de ampliar as súas competencias e habilidades. En Randstad consideramos que o mellor modo investir no noso futuro laboral é a mellora da empregabilidade a través da formación”, recomenda Valentín Bote, director de Randstad Research.

O estudo revela ademais que o único segmento de idade de ocupados estudantes que medra con respecto ao ano pasado é o de maiores de 45 anos. Este colectivo pasou de 776.900 profesionais en 2019 a 809.800 este ano, o que se traduce nun incremento do 4,2%. A caída máis acusada produciuse entre os traballadores que se forman menores de 25 anos, xa que pasou dos 353.200 profesionais de hai 12 meses aos 256.700 actuais, un descenso do 27,3%. Pola súa banda, os ocupados estudantes de entre 25 e 45 anos, o colectivo máis numeroso, experimentou un retroceso do 11,7%, xa que rexistrou 1.355.600 profesionais desta índole en 2019 fronte aos 1.197.400 actuais.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)