Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Marketplace propio para o comercio do centro histórico compostelán



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE SETEMBRO DE 2020 · (0)



“Pretendemos que todo o tecido comercial e empresarial da zona formen parte. Analizamos o mercado e consideramos que esta é a mellor opción para os comerciantes en momentos tan difíciles para o sector”, explica José Ángel Blanco, Xerente de Compostela Monumental. A xestión corre a cargo dunha empresa especialista que ofrece boas condicións para os que participen.


“Formarase individualmente a cada comercio no uso, manexo e xestión dos seus produtos na tenda online e contarán cun departamento solucionador de problemas e dúbidas”, apunta Blanco. Ademais do Marketplace, CCA Compostela Monumental porá en marcha e de forma inmediata un escaparate virtual dos negocios participantes na nova web da asociación.

Os integrantes da plataforma contarán coas seintes prestacións e condicións:

- Cada comercio dispoñerá dun  Marketplace con capacidade para crear ata 300 artigos e/ou servizos.

- FlahsPromo ( Geopromos) 3 artigos e/ou servizos á semana.

- Promocións de 5 artigos e/ou servizos á semana. O custo destes servizos é de 0 euros ao mes. Só se cobrará unha comisión por venda realizada (se non hai venda non se paga a comisión estipulada):

Comisión tipo 1: Sector electrodomésticos, informática e electrónica un tipo do 6% (3% para a empresa encargada de xestionar o  MarketPlace e un 3% destinado á fidelización de clientes da plataforma).

Comisión tipo 2: Resto de sectores e produtos un tipo do 8% (5% para a empresa encargada de xestionar o  MarketPlace e un 3% destinado á fidelización de clientes da plataforma).

O contrato para formar é por un ano a partir da adhesión á plataforma e entenderase tacitamente prorrogado polo mesmo período contratado, salvo que algunha das partes manifeste o contrario, con polo menos un mes de antelación. O contrato podería resolverse anticipadamente, polas seguintes causas:

- Por vontade de calquera das partes cando medie incumprimento grave das obrigacións pactadas, especialmente polo incumprimento en materia de pago ou de prazos de entrega.

 - Pola extinción da personalidade xurídica de calquera das partes ou pola declaración xudicial de concurso.

 - Cando as mercadorías fornecidas non se correspondan coa especie ou calidade prevista no contrato, de forma repetitiva ou cando a valoración dos clientes da plataforma baixa da media establecida.

Os interesados en formar parte do proxecto poden comunicalo ao e-mail: cca@compostelamonumental.es e como asunto poñer MARKETPLACE cos datos e teléfonos. No momento en que se reciban as distintas solicitudes, poñeranse en contacto con cada empresa persoal encargado de xestionar o  MarketPlace para aclarar calquera dúbida que se poida ter. “Unha vez saibamos o número de comercios que queiran participar definitivamente, convocarase a todos os interesados a unha reunión coa empresa para poñer en funcionamento o proxecto canto antes”, explican.

Escaparate na nova web

Compostela Monumental tamén contará en breve cunha nova web da asociación na que poderán contar cun espazo promocional todos os negocios do centro histórico de Santiago. Para os que xa dispoñen dunha web de venda online, poñeríaselle unha ligazón. "É osible grazas a un proxecto que presentamos e que nos aprobou o IGAPE para a Dixitalización do Comercio Gallego. Tamén o Concello de Santiago colabora nesta acción na que Compostela Monumental achega unha parte económica cos seus propios recursos".



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)