Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os docentes Naturaliza de Galicia volven ás aulas nun curso no que a educación ambiental gañará máis relevancia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE SETEMBRO DE 2020 · (0)



Nove de cada dez mozos consideran que a educación ambiental debe ser considerada como un instrumento fundamental na sociedade para facer fronte a situacións como a actual crise sanitaria. Para el curso 2020/21, xa se inscribiron 275 profesores no proxecto de Ecoembes, entre eles 20 de Galicia.


O regreso ás aulas de miles de profesores e alumnos de toda Galicia neste curso académico será moi diferente ao doutros anos. Tras varios meses sen ensinanza presencial, a volta ao colexio vai estar marcada polas medidas sanitarias implementadas nos colexios para protexer tanto ao persoal docente como aos rapaces da covid-19, unha pandemia que puxo de relevo que, para coidar da nosa sociedade, é necesario protexer o medioambiente.

Neste contexto, a educación en valores ambientais cobra, se cabe, aínda máis importancia. De feito, segundo o estudo de opinión “Mozos, educación e medioambiente” de More Than Research para Naturaliza –realizado a máis de 3.400 mozos de entre 18 e 30 anos de toda España–, nove de cada dez entrevistados consideran que a educación ambiental debe ser considerada como un instrumento fundamental na sociedade para facer fronte a situacións como a actual crise sanitaria. Conscientes da importancia do seu labor pedagóxico, cada vez son máis os docentes que apostan por levar ás súas aulas unha ensinanza na que o medioambiente cobre máis protagonismo.

Así, no curso académico que vai comezar xa son 275 os docentes, entre eles 20 de Galicia, que se sumaron a Naturaliza, o proxecto de educación ambiental de Ecoembes que integra unha mirada ambiental nas asignaturas troncais –Lingua, Matemáticas, Ciencias Sociais e Ciencias Naturais–, que se imparten de forma transversal ao currículo escolar sen que iso supoña unha carga adicional de contido. Para facelo posible, Naturaliza dota á comunidade educativa –dunha forma totalmente gratuíta– de todas as ferramentas e recursos dixitais adaptados ao currículo escolar a través da Escola de Docentes, flexibilizando, pola situación actual, o periodo de formación. A convocatoria continúa aberta para todos os docentes de educación primaria que estean interesados en formar parte da rede Naturaliza para ensinar aos seus alumnos dende una mirada ambiental.

Ademais, dende o seu nacemento, Naturaliza incidiu na necesidade de sacar as aulas ao exterior para fomentar unha aprendizaxe ambiental activa baseada no contacto coa natureza e xerar vínculos emocionais dos máis pequenos con ela, o que contribúe, entre outros beneficios, a que os nenos desenvolvan a súa autonomía, concentración e creatividade. Unha práctica que, este curso académico, cobra aínda máis relevancia, sendo incluso unha das recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS) para unha volta ás aulas segura. Cos inscritos para o próximo curso, xa son máis de 50 os docentes de Galicia que forman parte da rede de Naturaliza.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)