Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Por unha contorna escolar segura



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE SETEMBRO DE 2020 · (0)



A CEC e a Federación Autonómica de Centros de Ensino Privado (CECE Galicia) desenvolven unha iniciativa conxunta para contribuír á creación de contornas escolares seguras a través da información, o asesoramento e a formación necesaria que garantan a volta dos alumnos ás aulas.


Esta iniciativa xorde a raíz do protocolo elaborado ao efecto polas consellerías de Educación e Sanidade da Xunta, no que se recollen as medidas preventivas, colectivas e individuais que os centros educativos deben implementar para garantir que a volta ás aulas sexa o máis segura posible tanto para o alumnado como para o persoal docente, de administración e dos distintos servizos que prestan a súa tarefa nos centros educativos.

Cunha acción formativa de catro horas, impartidas por persoal do Servizo de Prevención de Riescos Laborais da patronal coruñesa, a iniciativa conxunta de ambas organizacións ten por obxectivo contribuír a unha volta ao colexio segura no marco da covid-19.

Así, durante estos días se viñeron formando, tanto de maneira presencial como virtualmente, os equipos directivos, persoal de administración e de servizos dos centros educativos integrados na Federación Autonómica de Centros de Ensino Privado. En concreto, na iniciativa participaron centros educativos das catro provincias galegas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)