Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cómo aproveitar ben o motor eléctrico



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE SETEMBRO DE 2020 · (0)



Só en agosto as matriculacións de coches eléctricos en España creceron un 115,6% respecto a 2019. Pre-acondicionar o vehículo adaptando o estilo de condución e a forma de usalo ás características das cadeas de tracción eléctricas é posible gañar ata un 35% de autonomía. Como no caso dos equipados con motores convencionais, a condución pode mellorar as posibilidades.


Pisar o acelerador pode ser unha tentación nestes coches usar ese pedal conleva un maior consumo de enerxía. Por iso, ao circular en modo “cero emisións”, é mellor aproveitar ao máximo a inercia e percorrer o máximo de metros posibles sen acelerar. Calcúlase que, grazas á rexeneración de enerxía, cada quilómetro percorrido sen utilizar o acelerador supón 300 metros de autonomía adicional.

Para xestionar a súa autonomía, hai que ter en conta que os vehículos que circulan en modo 100 % eléctrico aumentan o seu radio de acción en situacións nas que o consumo se dispara en automóbiles que utilizan a combustión interna. A baixa velocidade e o uso dos freos en atascos e situacións de circulación densa favorecen a autonomía, mentres a condución en autoestradas desertas nas que se adoita ir a maior velocidade tenden a reducir a autonomía. Na planificación de roteiros longos, convén minimizar portos de montaña e estradas montañosas nas que o incremento de consumo afecta á autonomía.

Como no caso dos automóbiles convencionais, factores como a carga ou o sistema de climatización pasa factura no consumo de enerxía. Por isto é importante eliminar obxectos ou accesorios innecesarios, como as barras de teito, e recorrer a unha das grandes vantaxes dos vehículos eléctricos: a posibilidade de programar a calefacción ou o aire acondicionado mentres se están cargando, que permite gozar da temperatura óptima a bordo en todo momento sen perder nin un quilómetro de autonomía. Calcúlase que un uso excesivo do  climatizador pode reducir o radio de acción nun 35%. A presión dos pneumáticos tamén pode sumar autonomía. Unhas rodas pouco infladas consomen máis enerxía e reducen a quilometraxe posible.

A electrificación é o futuro do automóbil, no que España ten un papel protagonista

Co inicio da produción do novo Citroën C4 no Centro de Madrid, Groupe PSA convértese no único fabricante que produce turismos 100 % eléctricos en todas as súas plantas no noso país. Ao Opel Corsa-e fabricado en Zaragoza e ao SUV Peugeot e-2008 en Vigo, sumarase, o ano que vén, unha nova xeración de vehículos comerciais lixeiros 100 % eléctricos, que sairá do Centro de Vigo. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)