Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A FP 'online' tamén funciona



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE SETEMBRO DE 2020 · (0)



Dende hai anos o mercado laboral demanda máis persoal técnico. De aí que Linkia FP aterrase en Galicia hai un ano da man de Chios Formación na Coruña, que obtivo a homologación para impartir ciclos a distancia. “Ofrecemos os tres online máis demandados no mercado laboral  e de interese de alumnado en España”, explica Amparo Freire, directora do centro galego.


Segundo Alicia Berlanga, directora de Linkia FP, “a modalidade de FP a distancia está a permitir aumentar os niveis de cualificación profesional daqueles que, por motivos laborais, persoais, médicos, familiares e xeográficos non poden acceder a unha formación presencial”. Os alumnos do centro de estudos profesionais Chios Formación na Coruña xa se beneficiaron durante os meses de confinamento do curso pasado destas vantaxes.

Hai 8 anos que naceu Linkia FP, empresa en educación online que axuda a que os centros de formación profesional poidan incluír na súa oferta a FP a distancia. Para iso propón un campus e unha metodoloxía. “A proximidade da clase en directo permite que o alumnado interactúe tanto con compañeiros e compañeiras como co equipo de profesores en vivo”. 

Os dous ciclos da área profesional da informática son totalmente complementarios e un estudante pode cursalos en tres anos: Desenvolvemento de aplicacións web e Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma. Actualmente, son imprescindibles en todo departamento tecnolóxico, de comunicación e de márketing de calquera empresa. O terceiro ciclo que Linkia FP oferta con Chios formación é Integración Social. O ecosistema do terceiro sector foi crecendo nas últimas décadas con programas cada vez máis ambiciosos en diferentes ámbitos sociais como todo o relacionado con promoción da igualdade e violencia de xénero, atención á dependencia, servizos relacionados co traballo con persoas en risco de exclusión social e outras iniciativas que motivou unha gran proliferación de Ong e Asociacións a nivel nacional que require deste tipo de perfil profesional. 

As dúas empresas traballaron de maneira colaborativa durante o semestre pasado para asegurar que ningún alumno ou alumna quedase sen clase pola pandemia de COVID-19 implantando un proxecto, que tivo moi boa acollida, no que o horario presencial trasladábase a  online cunha metodoloxía innovadora e próxima ao alumnado. Nas circunstancias que se viviron, é importante aproveitar a tecnoloxía da que dispoñemos. "Podemos axudar a desenvolver de maneira sostible a varias xeracións de profesionais que achegarán os seus coñecementos e competencias aos diferentes sectores de produción e de servizos de Galicia e máis aló de ela”, conclúe Alicia Berlanga.

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)