Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A CEL anima a pedir a tarifa plana denegada aos autónomos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE SETEMBRO DE 2020 · (0)



Desde a Confederación anímase aos emprendedores que se viron á marxe da tarifa plana por resolución firme en vía administrativa, ben porque non impugnaron no seu momento, ben por resolución desestimatoria ditada en alzada, a que reclamen. Xa que o Supremo prevé que "poida procederse á súa revisión”.


Esta nova interpretación da Lei 11/2013, do 26 de xullo, de medidas de apoio ao emprendedor e de estímulo do crecemento e da creación de emprego chega tras  tres sentencias consecutivas do Tribunal Supremo –a número 1669119 do 3 de decembro de 2019; 28612020 do 27 de febreiro de 2020 e 3|5/2020 do 4 de marzo de 2020– que sinalan que "non pode impedirse a aplicación dos beneficios na cotización previstos no artigo 31 da Lei 20/2007, do Estatuto do Traballo Autónomo, aos traballadores que ostentan a condición de socios de sociedades mercantís capitalistas", en contra do criterio que sempre mantivera a Tesourería Xeral.

Pero os empresarios lucenses coidan que “se tardou demasiado tempo en aplicar a todos os emprendedores unha bonificación que claramente lles corresponde, e que vén reclamando con éxito nos Tribunais xa desde 2015, ano das primeiras sentenzas nas que se daba a razón aos autónomos”.  

Máis concretamente, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia daba razón aos servizos xurídicos da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) en 2015 ao considerar que os “autónomos  societarios” teñen dereito a que se lles apliquen as reducións e bonificacións establecidas para a creación de emprego e o emprendemento (a coñecida como “tarifa plana”), nunha das primeiras sentenzas que se ditaba sobre esta materia. Entendía o Tribunal entón, de acordo co defendido pola CEL e a diferenza da interpretación sostida pola Administración da Seguridade Social, que a norma “non exclúe de ningún xeito aos comunmente denominados autónomos  societarios” entendendo que a aplicación aos mesmos das referidas reducións e bonificacións debe ser respectada pola Administración actuante ao ser esa “a interpretación da norma que segundo o sentido propio das súas palabras e en relación co contexto, atende ao seu espírito e finalidade –obxectivo de reducir o desemprego xuvenil a través do autoemprego e o emprendemento explicitado na Exposición de Motivos”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)