Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O medo aos ocupas medrou un 35% en verán



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE SETEMBRO DE 2020 · (0)



Aumentan as consultas preventivas aos avogados para saber que facer chegado o caso. O principal interese: os prazos, as probas, a instalación de cámaras para axilizar procesos, o empadronamento, os subministros, a existencia de menores, os desperfectos provocados.


Os meses de verán supuxeron un período no que as consultas relacionadas con ocupacións ilegais de vivendas se dispararon un 35% con respecto á media rexistrada durante o ano e analizadas polo Observatorio Xurídico de Legálitas. Xullo e agosto foron os meses nos que os cidadáns amosaron máis a súa preocupación sobre esta problemática, motivados polo aumento do medo a sufrir unha ocupación en meses nos que se abandona o domicilio por motivos vacacionais.

Estes datos evidencian, non só o aumento de ocupacións, senón o temor por parte dos propietarios de segundas residencias ou vivendas baleiras e a necesidade de coñecer os aspectos legais que lles ampararán chegado o caso, posto que moitas das preguntas presentadas aos avogados de Legálitas se realizaron de maneira preventiva para saber como actuar, prazos legais, como probar a ocupación, iniciar procedementos ou como denuncialo, entre outras cuestións.

Polo contrario, obsérvase que, durante o confinamento vivido nos meses de marzo e abril, as consultas sobre ocupacións ilegais se viron reducidas notablemente, chegando a descender ata un 55% por debaixo da media, quizáis pola tranquilidade de estar nos seus domicilios e saber que as restricións de mobilidade dificultaban as ocupacións por parte de terceiros.

Preocupacións

O despacho de avogados recolleu as principais consultas formuladas polos donos de vivendas que trasladan aos letrados para que poidan axudarlles. A maior parte delas motivadas polo medo a que os seus inmobles sexan ocupados e non tantas por terse cometido o feito en sí. O crecemento tamén se corresponde coa aparición de múltiples noticias sobre ocupas nos medios e os continuos anuncios publicitarios sobre alarmas que se emiten en televisión, moitos deles referidos polos clientes á hora de realizar as súas consultas preguntando, por exemplo, se a instalación dunha cámara de vixilancia facilitará que a Policía teña maiores argumentos legais para desaloxalos, sobre todo, para demostrar que “hai menos de 48 horas que entraron na vivenda”, prazo que o Código Penal non contempla en ninguna parte, sendo simplemente un criterio doctrinal ou policial para entender que estamos ou non ante un delito flagrante, pero non como un prazo oficial, a pesar do que xa se converteu nunha lenda urbana pola que preguntan de maneira recorrente. Nas súas consultas, insisten en saber como denunciar os feitos e, sobre todo, se a Policía intervirá sacando ao ocupa de inmediato, algo que só ocorrerá en caso de delito flagrante, é dicir, se é o propio policía quen presencia a ocupación ilegal.

En cuanto ás probas, servirá a grabación desa entrada ilegal por unha fiestra, saltando unha valla ou rompendo a pechadura, entre outras accións. Os propietarios preguntan tamén por unha suposta “nova lei que permite empadronarse aos ocupas e quedarse coa vivenda” e, nese caso, que implicacións tería se o ocupa consegue, finalmente e con habilidade, o mencionado empadronamento ou dar de alta os subministros.

A preocupación pola existencia de menores na vivienda ocupada tamén é patente, considerando que, ao ser persoas vulnerables, terán máis difícil lograr o desaloxo, circunstancia que, dende a experiencia de Legálitas, non adoita ser aplicada polos xuíces como eximente de estado de necesidade, nin que inflúa á hora de que o xuíz impoña unha condena ou acorde o lanzamento.

A xustiza pola súa man

Unha das consultas máis repetida refírese a tomarse a xustiza pola súa man aproveitando un momento de despiste do ocupante para entrar e substituír as pechaduras ou cortar os subministros, por exemplo. A resposta sempre é non. En caso de problemas hai que pedir axuda ao xuíz, posto que doutro modo poderíamos incorrer nun delito de realización arbitraria do propio dereito do artigo 455 do Código Penal, castigado con multa de seis a 12 meses, ademais de posibles coaccións se cortamos os subministros. Neste caso, sempre será mellor interpoñer unha denuncia e solicitar, como medida cautelar, a inmediata entrega da posesión do inmoble ata que se produza a sentencia definitiva, algo que non é habitual que acorden os xuíces.

A preocupación existente, provocou que xa empece a falarse de “violación de domicilio” e detención do ocupa, algo que ata agora non se estaba realizando, posto que esta situación se viña interpretando como delito leve de usurpación no que, salvo delito flagrante, non cabe a detención (art. 495 LECrim).

Ademais dos propietarios, as persoas que comparten vecindade ou comunidade con pisos ocupados consultan frecuentemente aos avogados sobre situacións nas que se ven inmersos, argumentando que conviven con estes veciños que fan caso omiso das normas comunitarias: exceso de ruido, pelexas, existencia de lixo en zonas comúns, etc, ou tendo que enfrontarse á aparición de danos nas súas propias vivendas, como a xeración de humidades principalmente, que son difíciles de resolver posto que, ben o ocupa non se presta a reparalo, ou lles é complicado contactar cos verdadeiros propietarios posto que son pisos, en moitos casos, propiedade de entidades financeiras coas que é máis complicado comunicarse para solucionar o conflito.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)