Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Galicia, Asturias e Castela e León, as zonas pilotaxe do proxecto ChainWood



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE SETEMBRO DE 2020 · (0)



En Galicia fixéronse tres con empresas de transformación do piñeiro eucalipto e unha de aproveitamento e loxística forestal. Foron en concellos de Pontevedra e Lugo e en xullo. Jesús Martínez, coordinador do proxecto e director da consultora forestal FMC, explica que participaron os equipos de cada empresa onde cada membro exerceu un perfil.


O consorcio que desenvolveu este proxecto estivo composto por dous socios forestais: FMC consultoría forestal e Madeiras Siero; dous socios tecnolóxicos: Accuro Technology e Emergya; unha asociación de propietarios forestais, FAFCYLE; dúas fundacións tecnolóxicas: CETEMAS e CTA, e o Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia.

ChainWood é un grupo operativo supranacional cunha subvención de 539.000,01 € cofinanciada nun 80% con Fondos FEADER para desenvolver unha infraestrutura de software  baseada en blockchain aplicable diferentes subprodutos da primeira transformación da madeira, desde a sólida, desintegración, pasta de celulosa e biomasa, permitindo aos distintos actores unha ferramenta de xestión do produto máis eficiente e segura. 

O grupo operativo estivo traballando durante dous anos para ofrecer unha  aplicació web e móbil que permite un acceso transparente, eficiente e seguro ao produto, ao mercado e a todas as operacións que se realicen entre os participantes. Nunha primeira fase analizáronse os casos de uso da cadea de subministración de primeira  transformación da madeira e levó a cabo un estudo da estado da arte. Froito de todo este traballo realizado púidose desenvolver ChainWood. Nos últimos meses realizáronse probas piloto en Galicia, Asturias e Castela León para comprobar a efectividade da solución en varias localizacións, con diferentes tipos de madeira e con usuarios reais: produtores, industrias transformadoras e de aproveitamento, e empresas de loxística.

ChainWood, como resume Jesús Martínez, permite: “dispoñer dunha plataforma global e universal que facilita os procesos de subministración da madeira, comparte información do proceso entre os usuarios, ofrece garantías ás partes sobre as transaccións, incorpora procedementos administrativos en materia de autorizacións e certificación forestal e dispón  dun enorme volume de datos”. Pode ser útil para “o pequeno propietario que poderá visualizar en qué fase de aproveitamento atópase, para unha gran empresa para estar conectada con toda a cadea de subministración de centenares de usuarios”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)