Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Gran vitoria do municipalismo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE SETEMBRO DE 2020 · (0)



O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, cualificou de “gran vitoria do municipalismo español e gran derrota do goberno de Pedro Sánchez” que o pleno do Congreso dos Deputados tombase o acordo de cesión ao Executivo dos remanentes dos municipios, acordado no seo da FEMP.


A resolución provocou, por primeira vez, a ruptura do consenso entre as forzas políticas representadas no máximo órgano do municipalismo en España. O texto do real decreto lei só contou co apoio do PSOE e Unidas Podemos e a oposición frontal do resto do arco parlamentario. 

Baltar asegurou que “o municipalismo español, alcaldes e presidentes dos gobernos provinciais de España, gañaron unha importante votación no Congreso dos Deputados, e o Partido Socialista e Podemos quedaron sós nun arco parlamentario onde todos se pronunciaron en contra da chantaxe que supón ese real decreto, contra a expropiación do diñeiro dos municipios e os veciños, e tamén contra a manipulación, e un ataque furibundo contra a autonomía local”. 

O presidente da Deputación de Ourense cre que as Cortes Xerais “falaron alto e claro, deixaron en evidencia ao goberno socialista-comunista, sendo algo extraordinario o feito de que non se validase un real decreto lei”. 

Baltar tamén quixo enviar unha mensaxe de “agradecemento” a alcaldes e concelleiros da provincia que durante as horas de votación se mobilizaron para defender o “non” á expropiación dun diñeiro “dos veciños, que elixen en que se invisten eses fondos no territorio que os xerou; e non que sexa o goberno comunista de Pedro Sánchez quen se apropie dese diñeiro para cumprir coa súa axenda ideolóxica”. 

O resultado final da votación no Congreso é para Manuel Baltar “unha gran vitoria do municipalismo e unha gran derrota do socialismo e do goberno da nación”. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)