Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A Rede Localis recomenda liberar aos municipios do corsé do teito de gasto



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE SETEMBRO DE 2020 · (0)



O Observatorio Municipal Galego estuda o grao de cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria e a regra de gasto por parte municipal, e recomenda flexibilidade para utilizar os elevados remanentes de tesourería. “Os concellos galegos cumpren coa  presentación de información ante Facenda, pero a metade non conseguen respectar o compromiso de gasto”.


No seu recente informe afirma que “a porcentaxe de cumprimento é do 71,8%, 12,5 puntos por encima da media nacional” pero cun resultado moi distinto cando se analiza o cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria, ao quedar reducido ao 74,6 %, fronte ao 82,6% de media. É dicir: os concellos galegos presentan máis problemas á hora de conseguir unhas contas públicas equilibradas, sobre todo os pequenos. Esto aumentará ante o previsible aumento do gasto local (para atender ás maiores necesidades provocadas pola  COVID19, en especial nos servizos de atención social) e pola reducción dos ingresos relacionados coa actividade económica. 

Ademáis, haberá que ter en conta as dificultades de moitas familias e empresas para poder facer fronte ás obrigacións tributarias cos concellos, como consecuencia do empeoramento  económico. Polo que respecta á regra de gasto, o grao de cumprimento dos concellos galegos é do 53,8 %, isto significa que case a metade destas entidades en Galicia non é capaz de cumprir con este obxectivo. Comparando este resultado coa media nacional, compróbase que os concellos galegos teñen un í ndice de cumprimento de 16,2 puntos porcentuais inferior. Do mesmo xeito que se sinalou para o obxectivo de estabilidade orzamentaria,  habrá que estar moi atentos a  có mo compórtanse as contas  pú blicas desde o lado do gasto, polas implicacións  econó micas da  COVID19 sobre os orzamentos  públicos.

Lembramos que a Rede Local de Administración Pública, é unha rede sobre o mundo local español da que forman parte profesores e investigadores universitarios e profesionais do mundo local. Un foro de reflexión sobre a xestión do municipalismo transferindo coñecemento desde as universidades e a administración local e conta cun apartado específico sobre o mundo local galego xestionada polo grupo de investigación GEN da Universidade de Vigo.

Grao de cumprimento conxunto dos dous indicadores

Menos da metade dos concellos galegos cumpren simultá neamente con ambos os requisitos. A porcentaxe polos concellos galegos (46,6%) é case 19 puntos porcentuais inferior ao obtido a nivel nacional. O incumprimento de calquera dos dous obxectivos anteriores ten importantes repercusións sobre os concellos. Neses casos é preciso xustificar os motivos e presentar unha vía para a súa  correcció n, sendo necesario elaborar un plan  económico-financeiro que posibilite nun  añou o cumprimento dos obxectivos e da regra de gasto.

A utilidade de ambos os indicadores resulta evidente: o de estabilidade orzamentaria para conseguir que os Concellos pechen cada exercicio cun equilibrio entre ingresos e gastos e o do teito de gasto para que non aumenten os seus orzamentos en situacións de crecemento  económico. Con todo, na actual situación quizá s sexa aconsellable flexibilizar a normativa tendo en cuenta as implicacións orzamentarias que traerá a COVID-19. Os concellos galegos teñen un elevado remanente de tesourería e non é necesario que se axusten ao déficit cero, nin tampouco que estean tan encorsetados en canto ao teito de gasto.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)