Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os niveis de impago comercial medran un 16% no segundo trimestre



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE SETEMBRO DE 2020 · (0)



A evolución do Índice Crédito y Caución de Incumprimento estará moi condicionada polo impacto da evolución da pandemia sobre os fluxos de caixa, as cadeas de produción ou a actividade comercial e os efectos das medidas extraordinarias de acceso á liquidez do tecido empresarial.


As previsións actuais sinalan que as insolvencias empresariais en España sufrirán un empeoramento en 2020 e a información recibida dende distintas fontes confirma o deterioro dos niveis de impago no crédito comercial, en frecuencia e intensidade, polas tensións de tesourería do tecido produtivo. Neste contexto inédito, o seguro de crédito está respondendo con proporcionalidade ao cambio de escenario económico, achegando elementos de protección do crédito comercial a clientes aos seus asegurados.

O peor comportamento do Índice Crédito y Caución de Incumprimento dende que comezou a elaborarse rexistrouse en 2008, cando os niveis de impago soportados polo tecido empresarial se multiplicaron por tres. Ao longo da última década, este índice amosou un comportamento de dentes de serra froito de diversos factores, como a evolución da contorna de negocio, o acceso ao financiamento bancario e a prudencia na xestión do crédito ao cliente no B2B.

Tras a melloría encadeada dos niveis de impago en 2009 e 2010, froito en gran medida dunha mellora xeral na selección do risco, o comportamento do índice rexistrou unha nova fase de empeoramento en 2011 e 2012. O ciclo de mellora entre 2013 e 2015 estivo moi vinculado a un intenso incremento da actividade comercial. A partir do segundo trimestre de 2016, os niveis medios de impago soportados pola empresa española amosaron un cambio de signo cara o suave empeoramento que foi a tónica dos últimos anos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)