Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Adamantino Barreiro, novo vicesecretario xeral da Deputación de Ourense



REDACCIÓN · PUBLICADO O 15 DE SETEMBRO DE 2020 · (0)



Adamantino Barreiro García, funcionario da Administración Local con habilitación nacional, subescala Secretaría Superior, tomou posesión como novo vicesecretario xeral da Deputación. 


O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, deulle a benvida no seu despacho do Pazo Provincial e desexoulle os mellores éxitos na etapa profesional que agora comeza.

Adamantino Barreiro, licenciado en Dereito, é doutor pola Universidade de Vigo cum laude obtido coa tese doutoral “A caducidade das licenzas urbanísticas”.

Iniciou a súa traxectoria profesional como secretario-interventor en 1990, no concello de San Amaro, e posteriormente en Chandrexa de Queixa. Foi secretario dos concellos de Forcarei e Moaña e desde novembro de 2019, vicesecretario do concello de Las Palmas de Gran Canaria.

Ten publicado numerosos artigos técnicos na Revista Xurídica Galega da cal é membro do consello de redacción e responsable da área contencioso-administrativa, ademais de ter realizado actuacións xudiciais como letrado da Administración en procesos contencioso-administrativos e laboral.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)