Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Como vai a economía dos españois de entre 45 e 65 anos?



REDACCIÓN · PUBLICADO O 15 DE SETEMBRO DE 2020 · (0)



O 43% pospoñerá polo menos unha das decisións de compra importantes prevista. A do coche é a que se verá máis afectada (un 83%). Os maiores de 55 están máis seguros da súa economía, teñen menos hipotecas  alugueres. De feito, un 33% deste grupo continúa adiante coa decisión de compra dunha casa, malia que o 56% dos maiores de 45 afirman que pola crise, os aforros diminuiron.


Maphre encargou a GFK un estudo de investigación entre o colectivo de españois de 45 a 65 anos para pescudar datos sobre as competencias dixitais, a propensión para utilizar ferramentas deste tipo para xestionar o diñeiro (por exemplo aplicacións financeiras), e  coñecer a relación que teñen co aforro, o investimento e finanzas.


O estudo demostra que o consumo da internet deste segmento non difire de forma substancial da media, aínda que a partir dos 56 obsérvase un descenso do tempo que se lle dedica. En canto ás preferencias de navegación, aínda que as apps concentran a maioría de consumo en todos os segmentos de idade, obsérvase máis afinidade ao canle web entre os maiores. O móbil concentra o 56% do tempo a navegar por Internet, e dentro do segmento máis senior hai unha marcada preferencia por pantallas grandes, ademais de que consomen en menor medida redes sociais que a media e máis intensivo de páxinas de noticias e información e de xogos.

Hai máis preocupación polo aforro en todos os colectivos, e no segmento senior en maior medida. Entre os enquisados, a cantidade destinada a aforro, investimento ou xubilación, polo xeral, non supera o 20% dos ingresos. Para aforrar: buscar o mellor prezo e conseguir descontos, aínda que tamén restricións en lecer. Normalmente afórrase o que sobra tras facer fronte aos gastos de cada mes. Un 78% aforra sen un fin determinado, para ter colchón económico. O resto faio cun fin específico, sendo o principal a xubilación (46%), seguido pola compra da vivenda, dun coche ou garantir a situación económica da familia. Polo xeral, o aforro transmite tranquilidade e benestar, aínda que un 29% declara que prefire vivir ao día e un 22% que non sente orgulloso da súa xestión.

Predominan como principais freos ao aforro as cargas familiares (43,7%) e un soldo insuficiente (41,2%). A hipoteca e o desexo de vivir séguenlles nun segundo nivel. Os principais freos ao investimento son a non dispoñibilidade de diñeiro “dabondo” (53,4%) e os medos relacionados coa seguridade e o risco deste tipo de produtos. En xeral o colectivo demanda máis información. O 83% ten algún produto específico de aforro, un 55% de investimento e o 58% de xubilación, en concreto, un plan de pensións. Pero ademais, hai un 25% que afirma aforrar para a súa xubilación doutras formas, basicamente noutros produtos de aforro e investimento (conta de aforro, fondos de investimento) ou “pola súa conta”.

Zoom en seguros

Os internautas que accederon a webs ou  apps de seguros son lixeiramente maiores que a media (o 51% ten 45 anos ou máis) e intensifícase a preferencia polo canle web fronte ás  app. O 93% dos maiores de 45 anos accede á web ou app dunha aseguradora ou un banco ao longo do ano, fronte ao 88% como media da poboación internauta. O número de accesos das mulleres desta franxa de idade a estas  sites/ apps é inferior, como tamén o é o tempo de permanencia mensual nelas. Respecto a os intereses no ámbito do aforro na internet, os principais temas de procura do colectivo son a xubilación (62%), os plans de pensións (15%) e os fondos de investimento (7%). As procuras relaciónanse con dúbidas sobre a súa xubilación, cando poderían xubilarse ou canto quedaría de pensión. No grupo de idade maior (de 56 a 65 anos), as procuras sobre xubilación increméntanse de forma destacada (75%), sen diferenzas significativas por xénero.

Por unha banda é un período que se  idealiza -con tempo para descansar, para o lecer, para un mesmo…-, pero a medida que se profunda, xorden incertezas e preocupacións sobre a situación económica ou sobre non querer ser unha carga para os fillos. Entre os 45 a 55 anos aínda se teñen moitas responsabilidades  familiares, polo que a preocupación pola inestabilidade laboral son maiores. E isto agudízase no colectivo de autónomos. A medida que as persoas se achegan aos 60 anos, adóitase iniciar unha “ descompresión” destas cargas, e a xubilación ou a prexubilación adóitase ver como un punto de inflexión para empezar a gozar algo máis da vida e o tempo libre. Separacións, divorcios e viuveces son unha causa frecuente de crise financeira nestas idades e contribúen a xerar incertezas, xa que a economía e o poder adquisitivo ven fortemente afectados.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)