Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Compartir unha vivenda en Galicia custa un 3,9% máis que hai un ano



REDACCIÓN · PUBLICADO O 16 DE SETEMBRO DE 2020 · (0)



O prezo medio do aluguer dunha habitación nun piso compartido en Galicia sitúase en 227 euros ao mes en agosto, segundo o estudo “Vivendas compartidas en España” realizado polo portal inmobiliario Fotocasa entre a súa oferta de pisos para compartir nas principais cidades españolas.


“Despois das fortes subas que fumos rexistrando nos últimos anos, en xeral, o mercado do aluguer está tendendo á estabilización e con el, o mercado dos pisos compartidos, especialmente naquelas zonas e grandes cidades nas que os prezos estiveron máis tensionados, como é o caso de Madrid e Barcelona”, explica Anaïs López, directora de Comunicación de Fotocasa.

O orde das comunidades autónomas que máis se viron afectadas polo incremento do aluguer das habitacións no último ano é: Cataluña con -14,8%, Rexión de Murcia con -6,6%, Estremadura con -5%, Castela e León con -4%, Comunidade Valenciana con -3,9%, Aragón con -3,7% e Madrid con -1,7%. Pola súa banda, as comunidades que incrementan o prezo respecto ao ano 2019 son: Castela-A Mancha con 7,2%, Asturias con 6,9%, Andalucía con 4,5%, Galicia con 3,9%, País Vasco con 1,3% e Canarias con 1,3%.

En canto aos prezos, Cataluña é a comunidade máis cara para compartir piso con 395 euros ao mes, a pesar de que é a comunidade que máis descendeu o prezo nun ano (-14,8%). Séguelle Madrid con 381 euros ao mes, Baleares con 380 euros e País Vasco con 349 euros ao mes. Noutro extremo, Estremadura con 176 euros ao mes, Castela-A Mancha con 219, Castela e León con 221 e Galicia con 227 euros ao mes son as comunidades máis baratas para alugar unha habitación.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)