Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Como reducir a factura eléctrica dunha empresa en tempos de covid-19?



REDACCIÓN · PUBLICADO O 16 DE SETEMBRO DE 2020 · (0)



A luz aumentou moito o seu prezo nos últimos anos, o que supón unha gran partida no presuposto das empresas que pouco a pouco retoman a normalidade. Aforrar enerxía eléctrica é agora unha prioridade, cando xa están a chegar os contadores intelixentes, uns aparellos non exentos de polémica por supoñer un encarecemento nas súas facturas.


Para a gran maioría de empresas, o custo do aluguer do contador de electricidade supón un gasto máis que considerar nas facturas de electricidade que se pagan cada mes, se se ten en conta a difícil situación na que se atopan algunhas compañías. Segundo a lei, o consumidor final da enerxía ten a posibilidade de ter o contador eléctrico en propiedade, sempre e cando este sexa homologado e a distribuidora realice o seu precintado. Actualmente, o custo final do aluguer dun contador depende da tarifa eléctrica e da distribuidora, pero fluctúa entre os 10 e os 120 euros ao mes.

“A empresa distribuidora é a que realiza as lecturas do contador e pasa a información á compañía comercializadora. Isto fai que a información non estea dispoñible para o cliente, excepto a que aparece nas facturas eléctricas: kWh consumidos, kVArh de reactiva e potencia máxima demandada. Isto é todo o que o consumidor final obtén”, sinala Marta Gomà, socia de Ipsom.

Os expertos de Ipsom indican as principais vantaxes de pasar da modalidade de aluguer á de propiedade do contador:

  • Medidas en tempo real: xunto co contador en propiedade, o usuario disporá dunha plataforma que interprete os datos de forma continua e os amose de forma sinxela. Por tanto, a telemedida permitiranos coñecer con detalle o consumo realizado minuto a minuto.
  • Detección de sobretensións e cortes de luz: disponse de toda a información das curvas de consumo, imprescindible para presentar reclamacións de calidade de subministro fronte ás distribuidoras.
  • Detección de excesos de potencia: é posible detectar en tempo real excesos de potencia que poden producir penalizacións na nosa factura eléctrica.
  • Coñecemento do perfil de consumo: o acceso á información de consumos cuarto-horarios permite saber cal debe ser a potencia óptima contratada.
  • Control de consumo en tempo real das ampliacións de equipos.
  • Dispoñibilidade de medidas: disponse de medidas certificadas para poder facer calquera tipo de reclamación á compañía eléctrica.
  • Aforro do custo de aluguer do equipo de medida.
  • Conservación do historial: non hai perda de datos ao cambiar de compañía eléctrica.

Aseguran os expertos de Ipsom que unha das principais preocupacións ante un cambio de contador para a empresa é se este cambio implica ou non un corte de tensión que poida alterar o ritmo de traballo normal dunha compañía. “A resposta é que non. Na gran maioría de subministros, con medida indirecta, o cambio de contador non implicará quedarnos sen electricidade na nosa instalación”, mantén Marta Gomà.

Por outra banda, a consultora enerxética sinala que o proceso de cambio, que implica a coordinación coa empresa distribuidora para quitar o contador de aluguer e instalar o de propiedade, queda integramente en mans da empresa especializada, e non require de ninguna xestión directa por parte da empresa.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)