Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A CEL valora moi positivamente a iniciativa de capital risco do Concello de Lugo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE NOVEMBRO DE 2020 · (0)



Os empresarios afirman que que o fondo Lugo Transforma “entronca directamente co potencial empresarial do municipio ao centrarse na economía verde e sustentable”, e espera que “redunde no fortalecemento do noso tecido empresarial”.


Este fondo de capital risco que ven de presentar o Concello ara apoiar a iniciativas emprendedoras sustentables aparellará un investimento de doce millóns de euros en empresas que se instalen no municipio. 

A organización empresarial entende que a axudar aproxectos relacionados co medio ambiente, a sustentabilidade, a economía circular, as enerxías limpas, as novas tecnoloxías ou o I+D+i, sectores que o Concello de Lugo anunciou que se apoiarán a través do novo fondo de capital risco, é “unha ollada ao medio e longo prazo dun modelo de desenvolvemento para unha cidade que necesita sacar partido dos seus recursos naturais e ofrecer alternativas para xerar emprego e fixar poboación”.

Dende a súa Fundación xa se apoiaron iniciativas emprendedoras relacionadas co medio ambiente que resultaron especialmente exitosas a nivel de xeración de riqueza e emprego e perdurabilidade no tempo, pola súa íntima relación coa contorna no que se sitúan, e sen dúbida “ese é o camiño para o futuro de Lugo”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)